Dolorosa derrota a encaixada polo Santiso no Novo Zahorra fronte o Deza. Os erros defensivos condenaron ó equipo a caer goleado fronte á súa afición por cero goles a catro.
Polos locais xogaron Iván Mourazos na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Agus, Borja, Fer, Luis e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda parte, Nacho, Roberto, Iván, David e Trebolo entraron no campo en sustitución de Borja, Agus, José, Manolo e Alex respectivamente.
Un primeiro tempo horroroso do Santiso deixou en bandexa a victoria para o Deza que aprobeitou as facilidades concedidas atrás polo equipo para colocarse con tres goles de vantaxe. Na área visitante apenas houbo achegamentos sendo un remate de Kike de cabeza e un man a man de Manolo fronte o arqueiro as oportunidade máis salientables.
No segundo acto, os locais trataron de voltear cando menos a imaxe ofrecida na primeira metade pero inda que as ocasións se sucederon, o Santiso non só non foi quen de conseguir o gol da honra senon que inda recibeu outro tanto en contra. Neste período as oportunidades máis claras de anotar chegaron por mediación de Iván, Nacho e Trebolo sumadas a un balón que se paseou pola área pequena que ninguén foi quen de remachar á rede pero unhas veces as intervencións do gardameta visitante e outras a falta de acerto propiciaron o resultado final.
Toca esquecer canto antes este accidente e pensar xa no próximo partido que será a domicilio fronte o Touro o vindeiro domingo.
Un saúdo e forza Santiso!!
O entrenador que deixe de meter os seus amigotes de copas e que meta a xente queda o callo que se non tamem nos imos cansar de ir ver os partidos
ResponderEliminarLástima de la derrota; era importante ganar contra un rival directo por la promoción. Espero que no os desaniméis y podáis volver a la senda ganadora contra el Touro.
ResponderEliminarSaludos y ánimos desde tierras catalanas.
A verdade é que o mellor do partido foi a crónica... Todos tivemos un mal día o domingo. Vamos intentar dar mellor imaxe o vindeiro domingo, pese a que o rival nos vai poñer as cousas moi difíciles.
ResponderEliminarSaúdos e forza Santiso!
Gracias polos comentarios Héctor e Agús, Pena de non conseguir os tres puntos en Touro. Saúdos.
ResponderEliminar