lunes, noviembre 11, 2013

Deza 4 - Santiso 2

Non foi quen o Santiso de acadar a terceira victoria consecutiva nesta liga. A primeira derrota chegou fronte ó Deza por catro goles a dous. Desta volta faltou a solidez defensiva que mostrou o equipo nas dúas primeiras xornadas.
 
Polos visitantes xogaron Iván na porta, Bruno, Borja, José e Kike en defensa, David, Dani, Fer, Carlos e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade participaron Javi, Boimorto (que debutou así co equipo nesta campaña), Nacho, Luis e José Trebolo en sustitución de Bruno, Carlos, David, Dani e Alex respectivamente.
 
O choque levou a batuta do Deza nos minutos iniciais e froito dese dominio conseguiu adiantarse nunha acción afortunada na que Iván non puido despexar un balón bombeado dos locais. Tras uns minutos de desconcerto, o equipo acadou o empate logo dunha boa xogada colectiva na que finalmente Fer asistiu a Manolo para que o dianteiro recibise de espaldas á porta e rematase coa perna dereita logo dun rápido xiro facendo insuficiente a estirada do gardamenta local. A falta de quince minutos para o final do primeiro acto, produciríase unha das xogadas decisivas do encontro xa que Borja sería expulsado por doble cartón amarelo. O equipo recibiría pouco despois o segundo gol en contra e así se chegaría ó descanso.
 
Na reanudación, o equipo non se amedrentou e levou o peso do partido a pesar de xogar cun futbolista menos pero o dominio non se traduceu en ocasións claras de gol. O Deza á contra atopouse cómodo e conseguiu agrandar a ventaxa mediado o segundo acto e acadar o tres a un. Sin embargo, o equipo acadaría un novo gol por mediación de Kike ó transformar un libre indirecto dentro da área. A emoción mantívose ata o último minuto na que o equipo volcado ó ataque e con tres defensas recibeu o gol definitivo que pechou o encontro.
 
Toca pensar xa no seguinte partido que será no Novo Zahorra o próximo domingo fronte ó Touro, outro rival duro que poñerá sin dúbida as cousas difíciles.
 
Un saúdo e forza Santiso!!    

1 comentario:

  1. Moy beeeen fedelliño. Haber se nos poñemos as pilas senon empezamos a baixar na tabla e despois non levantamos cabeza.cr6 .forza santiso!!!!

    ResponderEliminar