jueves, enero 19, 2012

Segunda victoria do ano

Nunha tarde invernal con moito frío, o Santiso conseguiu os primeiros tres puntos da segunda volta. Triunfo por dous goles a un fronte ó Prevediños que vendeu cara a derrota pero que finalmente tivo que claudicar frontre ós locais que mereceron vencer claramente.


Os protagonistas por parte da U.D. foron Charli na porta, Isma, Tono, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Manuel, Luis, Fran e Alex no medio, con Manolo arriba. Na segunda metade entraron Javi Liñares, Dani, Javi Ourense e José Trebolo por Luis, Isma, Fran e Alex respectivamente.


O Santiso saiu moi enchufado dende o principio e cerrou atrás a un Prevediños que non podía sair ó ataque. Javi Ministro tivo a gran ocasión de anotar con un remate ó poste da portería visitante, pero o primeiro gol chegaba co oportunismo dun auténtico "killer" da área; Manolo inauguraba o marcador tras aprobeitar un rexeite do gardamallas do Prevediños despois dunha falta moi ben executada por Kike. Minutos despois Charli tivo que empregarse a fondo logo dunha falta que de non ser polo "noso piloto" se convertiría no empate.


Tras o descanso, o partido igualouse un pouco e o Prevediños comezou a acercarse máis á area local. Nunha falta lonxana chegaría a igualada no marcador logo de que os visitantes aprobeitaran un rexeite de Charli; tocaba empezar de novo. Co partido encarando a recta final, Manuel ofreceulle a Javi Ministro un excelente balón que o de Pezobre cruzou expléndido á rede, facendo inutil a estirada do porteiro visitante e poñendo á U.D. de novo por diante no marcador. Así se chegaría ó final co equipo dedicando a victoria a unha afición que a pesar das baixas temperaturas acompañou unha vez máis ó Santiso no Novo Zahorra.


O próximo domingo visitamos ó Trazo, primeiro partido fóra deste 2012, porque non seguir coa racha...


Un saúdo e forza Santiso!!

3 comentarios:

  1. gran crónica coma sempre de Dani,granpartido do santiso,gran gol de Manolo,gran gol de Ministro e grandes os nosos seareiros..1sludo a todo o equipo e a galicia ras..

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo excepcional comentario d Dani unha vez mais, e noraboa o ekipo pola k xa e a segunda victoria do ano, e a primeira da segunda volta. ojala sigamos con esta racha por moito tempo. tamen dar as gracias a toda a afecion polo apoio mostrado o ekipo no ultimo partido e durante toda a tempada. k siga sendo asi durante o resto da tempada. e como non, animo a michu e a rober. Saudos a todos e FORZA SANTISO!!!

    ResponderEliminar
  3. Mui ben escrito si señor este fedello bai camiño de ser periodista figo. diario d rendos ! Dios pa matarse un saludo a todos e forza santisoooooooo. cr6

    ResponderEliminar