lunes, enero 28, 2008

Esta vai por Manolo


Levo xa uns cantos anos dando e levando caneladas no campo do Souto da Ponte, agora Zahorra Stadium. E en todos estes anos téñome mexado de risa cos contos de Rouco, cas bromas de Charly nos entrenamientos dos venres, cando Juan corría descalzo pola xeada, con Moncho cando mandaba "a cagar a alguén porque estaba amarillo"... e así podería seguir con miles de contos máis. E con todo, e se preguntamos ós que levan ainda máis tempo ca min, se hai alguén con quen non podes parar de rir, a quen aínda nunca vimos enfadado ou malhumorado, alguén que sin duda é a alegría do vestuario do Santiso ese é Manolo. Sí... Manolo ou Ronaldiño (de Transfontao, por moito que el insista en que é de Vilar). Os que coñecedes a Manolo sabedes que non descubro nada novo, e seguro que rides con el tanto coma min.
Pois, como moitos saberedes, estes días Manolo anda algo jodido. Estando no traballo tivo un accidente, que, de ser outro, seguramente non o contaba. Pero el, coa forza que ten aí está recuperándose nun hospital da Coruña.
Asi que.... nada. Estamos esperando que te boten de aí logo e que te veñas pasar polo Zahorra, que, gañando e todo, parece que hai menos alegría no vestiario.
Padiante meu, que vas nela!!

4 comentarios:

  1. Bárbara homenaxe!
    Ole polo homenaxeador e ole polo homenaxeado.
    forza manolo, que o zahorra xa te bota de menos... e eso que agora golea!

    ResponderEliminar
  2. Gran texto Tono¡¡¡¡. Dende aqui desexarlle a Manolo unha pronta recuperación que como ti dis parece que vai nela. Eu coñezoo dende pequechos (eu mais ca el) xogando todos os domingos no Coliseum "O Castro" (xa sabera quen son) e xa daquelas era un fenomeno, incluso para mandar os balóns parar o inferno, e cas suas arrancadas, tanto de futbol como para soltar calquera burrada (boisimas as que contaches o ano pasado do puma do arbitro ou das espinilleras) e por encima de todo e un tipo de p.m

    En fin, un saudo a todos e en especial a ese CRACK de transfontao, porque si que e de transfontao jeje, o que como di Tono esperamos ver o antes posible marcando no Zahorra Stadium. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Tono, chapó!!!genial!!!moitos ánimos Manolo!!!

    ResponderEliminar
  4. WENO DESEXOLLE UNHA RAPIDA RECUPERACION A MANOLO QUE E UN CRACK WENO MOITOS ÁNIMOS MANOLO!!!!

    ResponderEliminar