Despois de moito agardar, por fin chegou a victoria fóra do Novo Zahorra, e é que o Santiso levaba sin acadar os tres puntos lonxe da casa dende a primeira xornada de liga. Foi nunha tarde primaveral no Milladoiro fronte ó Ortoño por dous goles a catro.
Os integrantes do once inicial por parte visitante foron Charli na portería, Javi Liñares, Tono, José e Kike na defensa, Javi Ministro, Manuel, Micho, Dani e Alex no medio e Manolo na punta do ataque. Na segunda metade participaron Luis, Roberto (que afortunadamente xa o temos co equipo plenamente recuperado da súa operación de oído), Fran e José de Trebolo en sustitución de Micho, Alex, Javi Ministro e Manolo respectivamente.
A primeira metade foi un auténcico "correcalles", os ataques impuxeronse claramente ás defensas e os goles sucederonse en ambas porterías. O Santiso foi o que golpeu primeiro, logo de que Manolo asistise a Dani para anotar o gol inaugural do encontro cando apenas se disputaran cinco minutos de xogo. Lamentablemente, os locais conseguiron empatar pouco despois e o partido case que comezaba de novo. Inesperadamente, logo do saque dende o centro do campo, Dani lanzou o esférico cara á área local, o intento de despexe do defensa do Ortoño convertiuse no 1-2 para os visitantes. Tras uns minutos de tanteo no que os locais acusaron algo o golpe, o Santiso puido incrementar a ventaxa con sendos remates de Alex e Manuel, este último facendo unha gran xogada roubandolle a pelota ó rival cando éste a protexía para que se fose por liña de fondo. Pero o partido inda non tiña dono, xa que nunha boa xogada de ataque, o Ortoño conseguía de novo a igualada no marcador. Logo dunha boa parada de Charli ó tiro dunha falta, o terceiro para o Santiso chegaría antes do tempo de lecer; un magnífico remate de Manuel foi despexado en falso polo gardamallas local, Manolo atento ó rexeite, facía ó 2-3 no marcador co que se chegaría ó merecido descanso.
Na reanudación tocou sufrir, e moito, o Ortoño encerrou ó Santiso na busca do empate con continuos balóns ás espaldas da defensa, a retagarda dos visitantes respondeu espléndida evitando case que tódalas ofensivas locais. Sin embargo, a balón parado tamén se viu ameazada a zaga do Santiso, unha das máis claras, foi un testarazo ó longueiro logo dun saque de esquina. Pero a xogada que puido marcar o partido foi a que ó árbitro sinalou como penalti por unhas supostas máns de Luis na área, afortunadamente, o dianteiro do Ortoño estrelou o balón na mesma cruzeta da portería de Charli e é que como ben dixo Manolo "o noso Casillas impón moito na portería". Na recta final do encontro, cos locais buscando o empate, chegaron máis ocos para o Santiso e poder trenzar algunha contra; avisou primeiro José de Trebolo que logo dun bo regate ó defensa non puido batir ó porteiro local e casi que co partido rematado, Roberto inventouse un remate á mismísima escadra para conseguir un auténtico golazo e que os tres puntos viñesen para á casa.
Victoria moi meritoria do Santiso que cerrou un moi bó mes de febreiro con tres victorias e tan só unha derrota. Comezamos marzo cun óso duro de roer, o Tordoia visita o Novo Zahorra o próximo domingo ás 4.30 da tarde.
Un saúdo e forza Santiso!!
Moi ben fedelliño .haber si pa domingo nos acompaña a suerte e empezamos o mes de marzo con unha vitoria. hay que roerlos. forza santisooooooo.cr6
ResponderEliminarhai que roelos que dixo manolo que dabamos chegado ó quinto posto..son 13 puntos pero é posible..por outra banda felicitar a dani ademáis de pola súa gran crónica polos seus 2 golazos..(especial mención para o segundo)..jaja.e como non a micho que volvía á titularidade plenamente recuperado e a rober que debutou da mellor forma posible!bo partido en xeral de todo o equipo así que a pensar no seguinte que non son tanta cousa..1 saúdo para galicia ras..
ResponderEliminarmui bon comentario Dani coma sempe..weno en pimeiro lugar das as gracias a toda a xente tanto do ekipo como os k non son do ekipo k me felicitaron pola miña volta os terreos de xogo,xa k alex xa o fixo no comentario anterior.jej wen en resumen GRAZAS a todos...espero k pouko a pouko volva estar o mismo nivel de antes k por ganas non eh...weno por outro lado como ben dixeron manolo e kike ai k roer o tordoia este domingo!!!e weno animar os espectadores k veñan ver o SANTISO xa k vai ser un partido un pouco movidiño penso eu.jej weno 1 saúdo e forza SANTISOOO!!!RoBER
ResponderEliminarai ke papalos,ai ke devolverlles ka mesma moeda xa ke alo o partido foi movidito asike aki imos roelos.animar a toda xente a vir ver o partido porke ko apoio da afecion todo sera + facil.O PARTIDO SERA O DOMINGO AS 4:30 DA TARDE NO KAMPO MINICIPAL DE SANTISO.KONTAMOS KON VOS
ResponderEliminarvos preocupadevos de xogar que das molleres da grada xa o fago eu..jaja.galicia ras!!!cagonavirgen
ResponderEliminar