Conseguiu o Santiso a segunda victoria consecutiva como visitante, foi ante o Touro por un gol a tres. A pesar de vencer por dous tantos de diferencia, non foi un partido nada fácil para a U.D. que tivo que sufrir para traer os tres puntos para a casa.
O equipo formou con Iván na portería, Isma, Tono, José e Kike en defensa, Fran, Luis, Micho, Dani e Alex no medio e Manolo arriba. No segundo período participaron Javi Ministro, Roberto, Javi Liñares, Jose do Padrón e José de Trebolo sustituíndo a Micho, Alex, Isma, Manolo e Dani repectivamente.
Non saíu nada concentrado o Santiso ó choque, o Touro foi claramente dominador dos primeiros compases do partido e comezou a ter ocasións na área visitante. Nunha delas, o dianteiro local controlou un esférico na área e batiu a Iván. Co gol, o equipo reaccionou e buscou algo máis a portería local; a ocasión máis clara tivoa Fran que sufreu un máis que probable penalti que non pitou o árbitro. Co marcador en contra chegaríase ó descanso.
Na reanudación, o Santiso estivo mellor plantado pero sin conseguir dominar o partido claramente debido a que estivo moi embarullado polas continuas faltas e protestas dos locais, preguntádelle a Tono ou Micho que foron os que máis ás sufriron . A clave deste segundo acto e do partido quizais estivo na ocasión que tivo o Touro de marcar o segundo nunha falta que rematou ó longueiro; afortunadamente o balón non entrou e a partir de ahí o Santiso fixose co encontro. O empate chegou por mediación de Manolo que aprobeitou un bo servicio de Kike para batir ó porteiro local. O gol dou moita moral ó Santiso e minutos despois Manolo repetiu logo dunha boa xogada entre Fran e Luis. Casi sin tempo para reaccionar e pouco despois de sacar de centro, Javi Ministro anotou o terceiro nunha contra.
Victoria moi sufrida e loitada polo Santiso que debe dar moral para futuros partidos e ver que este equipo é quen de gañar inda que o rival se adiante no marcador. O próximo domingo volve o fútbol ó Novo Zahorra a partir das 4.30 da tarde, visitanos o Ames.
Un saúdo e forza Santiso!!
Moi ben coma sempre fedelliño. haber domingo. o sabado hay que ir apollar a charly e a enri. un saludo e forza santisoooooooooo cr6
ResponderEliminarnon foi 1 partido doado como ben di o noso cronista experto na súa columna..pero primeira remontada da tempada e con bo sabor..esta xornada o problema máis grande poden ser as baixas pero co fondo de armario que temos está máis que ganado..e como di manoliño este finde todos con enri e charly que lalín está a 1 paso!!santisooooooooo!!!1saúdo para galicia ras
ResponderEliminarHay que darlle tamen un saludo o noso capitan tono que xa actualizou a pagina enteira e que pasouseme antes jajajaj. Santiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiso eee. cr6
ResponderEliminarque paxina??
ResponderEliminarhola.decir que por parte do golada.sd estan intetando convencer a alex pa fichalo po ano.
ResponderEliminarpero ti que fumas poros maria ou............. faltaxe unha primavera
ResponderEliminareu creo qe una prinavera ou duas..........a xente aburese na casa xe fora picar o monte nn escribiria estas tonterias........(jrss)
ResponderEliminarbueno ome bueno e que o paisano este debelle fallar algunha neurona e non lle xega a sangre a cabeza jejejejeje kastilla no no damos ni por todo el dinero del mundo amigo asique patada nos collos que lebades animo santisooooooooooooooooo!!!!!! e animo hirmaus guerreiro pa esta fin de semana!!!!!!!!!!!!!
Eliminarmoi boas.vou facer 1 pegunta k me gustaria k fora respostada claramente...ken e ese anonimo k sta interesado por alex???se non lle costa moito k poña o nome!!!!!gacias...seguidamente ANIMO PARA OS IRMANS GUERREIRO..k van ARRASAAAAR. 1 saúdo e FORZA SANTISOO.RoBER
ResponderEliminar