Se en toda a tempada non se conseguira voltear ningún resultado en contra, o Santiso ven de acadar dúas victorias consecutivas deste xeito. Desta volta, venceu por dous goles a un fronte ó Ames no Novo Zahorra.
Polos locais xogaron Ivan na porta, Javi Liñares, Tono, José e Isma na defensa, Javi Ministro, Manuel, Dani, Fran e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. No segundo tempo, participaron Roberto, Micho, Jose do Padrón e José de Trebolo que entraron no terreo de xogo en sustitución de Dani, Manuel, Alex e Javi Liñares respectivamente.
Non foi un partido con excesivas ocasións, moito mediocampismo e partido "feo" de ver para o espectador. Na primeira metade reseñable unicamente unha clara ocasión de Manolo nun remate de cabeza que non conseguiu conectar plenamente logo dun bo centro de Alex.
Na segunda metade chegaron os goles, o primeiro foi ó pouco de reiniciarse o encontro; o Ames conseguiu anotar logo dunha falta na que o esférico se paseou pola área local ata que un xogador visitante tocou o balón para introducilo no fondo das mallas. O Santiso sacou nese intre a casta para arranxar o marcador e conseguiu empatar por medio de Manolo logo dunha asistencia de Alex. Co resultado igualado os visitantes tiveron unha clarisima ocasión para adiantarse novamente no marcador cun remate a porta vacía que afortunadamente se foi fóra. A sorte que faltou noutras ocasións sorriu desta volta ó equipo e cerca do final unha pelota moi ben pelexada por Manolo no centro do campo permitiulle asistir a José de Trebolo e éste á súa vez a Javi Ministro para que o de Pezobre se plantase só fronte o gardaredes visitante e o batise para certificar a victoria para os locais.
Non conseguiu o equipo desenvolver un bo xogo durante o partido pero o empuxe final foi suficiente para acadar os tres puntos. O seguinte encontro será fronte ó Resmón a domicilio, o único equipo que venceu ó lider da clasificación, non será fácil...
Un saúdo e forza Santiso!!
Moi benfedelliño . domingo hay moito que bourar que veña quique que non ten sancion. boa falta hay de facer. malo sera. un saludo. cr6
ResponderEliminarnon sei se me chegou pou non a sancion porque ninguen mo dixo pero de todas formas o tobillo non vai como eu quixera..pouco a pouco..xa veremos se dou chegado..
ResponderEliminarpolo demáis partido feo feo..o mello, o acerto de cara ó gol e a capacidade de reacción..1 saudo a galicia ras
Valeu daniel, valeu. Excepcional comentario para non variar. Sigue asi. O partido non foi dos meyores a verdade, pero o importante foi k se conseguiron os 3 puntos, que serviron para remontar un posto na clasificacion. Aora a intentar seguir sumando puntos para subir mais postos, e esperemos que para conseguilo se poidan incorporar ao equipo as baixas que houbo neste partido pasado. UN SAUDO E FORZA SANTISO!!!!!!
ResponderEliminarHola, ya está todo dicho la verdad..partido feo feo. Sin más destacar la actuación de Javi Ministro, gol y ganas durante todo el partido. Destacar que se ha jugado más con el corazón que con la cabeza...pero lo importante es que se ganó. Como dice Clemente, lo bonito: la victoria. Saludos cordiales.
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=NwLYvA258pw
ResponderEliminarata o momento estou de acordo con bos en todo pero unha pequena pregunta a que ostia ben a direcion do video ese?¿?¿?¿? e por outra parte esperamos recuperar as baixas todas unhas algo mais cas outras pero e o que ai un saludo e FORZAAAAAA SANTISOOOOOOOO!!!!!!!!!!!! suárez pequeno
ResponderEliminarNn enedo o video qe algen intente esplicarne de que carallo vai esta parvada un saudo a todos..........(jrss)
ResponderEliminar