O Tordoia estragou a boa racha de victorias que tiña o Santiso no Novo Zahorra e infrinxeulle un contundente 1-4 no marcador. Os locais resistiron ben o primeiro tempo, pero na reanudación, os visitantes dominaron claramente e levaronse o partido.
Pola U.D. actuaron Charli na porta, Javi Liñares, Tono, José e Kike na defensa, Javi Ministro, Manuel, Micho, Dani e Alex no medio, con Manolo arriba. No segundo acto participaron Luis, Roberto, Isma, Jose do Padrón e José Trebolo que sustituiron a Micho, Dani, Kike, Alex e Manolo respectivamente.
O guión que buscaba o Santiso era o mesmo que contra ó Agrón, ben posicionados atrás sen renunciar ó ataque, e así foi durante a primeira metade. O Tordoia non profundizou en exceso pero sin embargo conseguiu adiantarse no marcador. Os locais non acusaron o golpe e intentaron conseguir o empate, Manolo conseguiría o obxectivo logo de prolongar á rede un pase de José coa testa. Anteriormente xa tivera a ocasión de facelo despois dun saque de esquina pero o esférico forase alto. Co marcador igualado chegouse ó descanso.
O segundo acto comezou coas peores noticias para a parroquia local con un gol visitante, a partir de ahí todo foi moi costa arriba para o Santiso. Mediado este segundo período unha boa xogada individual do dianteiro do Tordoia propiciaba o 1-3 e que a moral do equipo se viñese completamente abaixo. Máis tarde inda houbo tempo para outro gol visitante que deixaba un marcador moi duro para os locais. Sin embargo, o Santiso non se rendeu e buscou anotar algún gol que dera algunha esperanza, os trocos introducidos por Joserra deron frescura en ataque e algunha xogada mereceu rematar en gol logo de boas combinacións, Luis tivo unha das ocasións máis claras.
Rematou pois a imbatibilidade como locais que mantiña o Santiso pero o equipo ten ante sí a posibilidade de encadear outra pero lonxe do Novo Zahorra, a segunda victoria chegaría o próximo domingo en Touro...
Un saúdo e forza Santiso!!
Moi ben fedelliño unhas palabras dios que bonitas jajajj. bueno o partido ben pero nono ganaron eles perdemolo nos porque eles solo marcaron un gol como e debido os outros foron todos fallos do santiso por non cortar as xogadas no medio do campo e deixar rematar mos cornes desde a frontal os despeges. pero bueno haber si lebantamos a cabeza o domingo e aprendemos dos errores. un saludo e aupa santisooooooooooooooooo cr6
ResponderEliminarEl fallo en esta jornada fue un inexistente centro del campo en la mayor parte del partido...y quizás aún más inexistente en la segunda parte. Sin animo de ofender pero el centro del campo fue nefasto...regates en defensa, juego por libre, escasa coordinación de las lineas. Pero bueno un mal día lo tiene cualquiera. Saludos cordiales
ResponderEliminarHpla que tal?podedesme confirmar os rumores que din que ALEX esta fichado po ano polo GOLADA de 2 autonomica?1 saudo e grazas
ResponderEliminarfumades porros . ales
ResponderEliminarporros solo os fuma 1 da defensa..
ResponderEliminareses rumores algo de certo teñen pero falta confirmación por ambas partes....