jueves, marzo 29, 2012

Regreso ó pasado

O Santiso visitou o pasado domingo un deses campos dos que hoxe en día poucos se ven, terreo de xogo pequeno de area con algunha que xa ascendía á categoría de pedra e en canto ós balóns, algún de nós saíulle un sorriso cando viu o mítico "mikasa". No meramente deportivo, o Resmón levouse o partido por catro goles a un.


Polos visitantes xogaron Charli na porta, Javi Liñares, Dani, José e José de Trebolo en defensa, Javi Ministro, Manuel, Micho, Fran e Alex no medio con Manolo arriba en ataque. Posteriormente participaron Roberto, Iván e Luis en sustitución de Alex, Charli e José de Trebolo respectivamente.


O Santiso amosou un mellor xogo na segunda parte que na primeira, pero paradóxicamente o resultado foi máis favorable no primeiro tempo que no segundo posto que ó remate dos primeiros corenta e cinco minutos chegouse co marcador inicial de cero a cero con máis chegadas á area por parte local.


No segundo acto chegaron os goles, o primeiro foi logo dunha perda no medio do campo do Santiso que provocou a contra que permitiu ó Resmón inaugurar o marcador. Non parecía que a U.D. poidese acadar a igualada pero a partir de aquí empezou a combinar mellor e acadaría o premio do empate logo dun espectacular gol de falta de Micho. Pero, ó pouco tempo, e logo dun saque de esquina os locais lograron de novo adiantarse no marcador, un duro golpe que os visitantes non puideron sobrepoñerse e máis cando pouco despois encaixaban o terceiro. De ahí ata o final, un querer e non poder por parte dos visitantes e outro gol máis para o Resmón que conseguiu unha goleada ante un Santiso que non mereceu un castigo tan elevado.


O próximo partido será no Novo Zahorra contra o Lestedo o próximo domingo ás cinco da tarde, agardemos que poidamos recuperar algunha das baixas para este encontro.


Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Noraboa por outro sublime comentario Dani. Aber se este domingo se pode volver a iniciar unha nova racha der resultados positivos e ir sumando puntos para poder escalar algun posto mais neste ultimo tramo da tempada. Saudos e FORZA SANTISO!!!

    ResponderEliminar
  2. Moi ben fadalliño. fallos garrafales que nos costaron a derrota sin mais palabras.haber domingo. aupa santiso.cr6

    ResponderEliminar