lunes, abril 02, 2012

Triunfo sufrido

O Santiso acadou unha nova victoria pola mínima e con moito suspense, desta volta por un gol a cero fronte ó Lestedo no Novo Zahorra. A falta de pegada dos locais foi a tónica do choque que puido sentenciar en múltiples ocasións nun partido que acabou pedindo a hora.


Pola U.D. xogaron Charli na portería, Isma, Dani, José e José de Trebolo en defensa, Roberto, Luis, Manuel, Fran e Alex no medio con Manolo na punta. Na segunda metade participaron Micho e Javi Ministro que sairon en sustitución de Luis e Roberto.


O público local que ateigou unha vez máis o Novo Zahorra disfrutou dun mellor xogo do Santiso na primeira metade. Foi aí cando se viron a maioría das ocasións de gol, Alex tivo a oportunidade de adiantar ó equipo en dúas ocasións logo dunha boa asistencia de Fran primeiro e máis tarde despois dunha parede con Manolo pero en ambas ocasións o gardamaias visitante conseguíu evitar o gol. Fran tamén tivo a súa ocasión, pero o seu remate foise alto. Incluso Charli puido ser o goleador do equipo se o árbitro dese como válido un balón que sacou dende a súa área e o porteiro visitante sacou da portería cando o esférico xa sobrepasara a liña de gol. Para inaugurar o marcador houbo que recurrir ó balón parado, Manuel executou á perfección unha falta no borde da área para adiantar por fin ó Santiso.


No segundo acto, o Lestedo contou co aire a favor e foi cando empezou a inquedar algo máis á defensa local e o partido equilibrouse. José estivo especialmente espléndido nesta fase do partido xa que foron innumerables ás ocasións nas que golpeou a pelota de cabeza, ademáis conseguiu evitar un gol na mesma liña de gol cando Charli xa estaba batido. Por se fose pouco, o da Pontenova tamén se animou en ataque e puido anotar un auténtico golazo dende fóra da área pero o porteiro visitante evitouno cunha boa estirada. Alex tivo a sentecia de novo, logo de recibir unha boa asistencia de Micho pero cruzou en exceso ante a saída do gardamaias do Lestedo. Cando faltaban vinte minutos para o final produciuse a expulsión de Dani que agarrou o dianteiro visitante cando este se dispoñía a anotar o gol do empate a porta vacía; esta circunstancia propiciou un maior acoso á área local pero o equipo aguantou con moita coraxe. Incluso tivo algunha ocasión máis, sobre todo, unha na que primeiro Javi Ministro, despois Manolo e por último Alex non foron quen de rematar con claridade. Chegaríase así ó remate do partido coa victoria para o Santiso, excasa eso sí, pero moi merecida.


O próximo partido será o vindeiro domingo día 15 a domicilio fronte ó Villestro B, xa que non hai liga nesta Semana Santa, así que a disfrutar destes días.


Un saúdo e forza Santiso!!

8 comentarios:

  1. Anónimo9/4/12 19:44

    ninguén pon nada??pois eu tampouco..1 saúdo para galicia ras

    ResponderEliminar
  2. Que alguien le explique al del comentario anterior que el Santiso "fai sachadas" pero en ningún momento hace rally en el campo. Al lío, el partido, espectacular la.... a donde iría yo. Lo destacable la expulsión de Dani, la jugada del partido, roja justa, pero necesaria que produciría un incremento de tres puntos en el casillero local...De hecho tenemos que elogiar la valentía y la garra puesta por el de Rendos. Se perderá el próximo partido por sanción...Sin más dilación saludos cordiales.

    ResponderEliminar
  3. Moi ben fedelliño . esta semana tubeches chollo si señor. o do castellano moito estudiou!!!!!!!!. Elogiar...... dilacion.....!!!!!! Sin palabras. como lles chamara as vacas?? jajajajajajaj. domingo ere ven ganar haber que pasa forza santiso... cr6

    ResponderEliminar
  4. jajajaja.ás vacas mamíferos rumiantes pruductores de lácteo..digo eu..menos non creo..pois sen máis dilaión..ánimo pa o próximo partido..

    ResponderEliminar
  5. Querido cr6, a las vacas les llamo cuadrúpedos. Pero para diferenciar unas de otras utilizamos un código numérico de cuatro dígitos comúnmente denominado crotal!... pero bueno no estamos aquí para hablar de vacas, tema que por otro lado domino. Comentarle además que hay estudios que demuestran que si a una vaca le hablas en el idioma de su país de origen, su producción de leche es superior. Saludos

    ResponderEliminar
  6. http://www.youtube.com/watch?v=zqjtz3rEPG0

    ResponderEliminar
  7. Buenas tardes dis que dominas de bacas. o crotal e unha parte da pirola . Que lles dis pa chamalas? 3546 toma ben toma jajajajaj.cr6

    ResponderEliminar
  8. cr6...jajajaja.vaia fenómeno....jaajj.alí no padrón chamámoslles pinta e lucera..e así..polo número mal..e son 4 namáis..

    ResponderEliminar