martes, febrero 07, 2012

Esforzo sin premio

O Santiso colleitou unha nova derrota a domicilio pero desta volta a imaxe ofrecida polo equipo foi moi meritoria, a mala sorte en momentos puntuais e a actuación arbitral impediron que cando menos se arrancase un punto da visita a Camporrapado. Finalmente os locais acabaríanse levando o choque por dous goles a cero.


Polos visitantes xogaron, Charli na portería, Isma, Tono, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Manuel, Luis, Dani e Alex no medio do campo e Fran arriba ante a ausencia por acumulación de cartón amarelos do noso pichichi Manolo. No segundo tempo Iván sustitueu a Charli.


O partido disputouse no remodelado terreo do Camporrapado, sen dúbida, o mellor da categoría, campo grande de herba natural magnífico para a práctica do fútbol. O Santiso saiu con moita moral tras o bo traballo realizado no encontro anterior e a primeira metade foi claramente para o equipo. As ocasións na área local sucederonse con remates de Kike nunha falta, Dani nun remate de cabeza e sobre todo con dúas chegadas de Fran; o do Padrón volveu tola a defensa do Camporrapado e sufreu cando menos un penalti claro e outro dubidoso. Ningunha xogada foi sinalada como pena máxima polo trencilla; que incluso sinalou falta do propio Fran cando non tiña previsto pitar nada e veu que Alex anotaba para o Santiso. Os locais apenas chegaron neste primeiro acto.


Tras o descanso, o Camporrapado apretou máis e atopouse con un gol nun corner ó pouco da reanudación. Co resultado en contra, os visitantes intentaron botarse máis arriba pero con menos claridade que na primeira metade debido en parte o baixón físico polas grandes dimensións do terreo de xogo. O encontro complicaríase inda máis cando nunha contra os locais anotaban o segundo nun probable fóra de xogo. O Santiso sin embargo non se rendiu e puido anotar cando menos o gol da honra pero un defensa local sacou coa cabeza un bo remate de Luis. De ahí ata o final partido moi embarullado sin moitas máis ocasións.


Boa imaxe en definitiva a que deixou o equipo pero que non foi suficiente para puntuar. O próximo domingo volve o fútbol ó Novo Zahorra a partir das 16.15, rende visita o Xa Chegou.


Un saúdo e forza Santiso!!


2 comentarios:

  1. Anónimo8/2/12 20:51

    por que se lle chamará trencilla ó arbitro..??moi bo artigo Dani, coma sempre..o de Rendos ten e don da palabra..1 saúdo para cr6 e outro para galicia ras!!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo9/2/12 21:31

    Muy ben outrabez o de rendos. eu moi amargado na casa o domingo peri si me deixa mouriño o domingo daremos a lata outro pouco . un saludo e a ganar domingo bicos. cr6

    ResponderEliminar