E tras actualizar, comentar o último choque do equipo; o segundo triunfo da campaña non se fixo agardar e o Santiso acadou a victoria por 2 goles a 5 fronte ó Prevediños a domicilio. Con apuros no primeiro tempo, os visitantes sentenciaron ó rival no segundo acto cun dominio casi absoluto.
O once inicial do Santiso foi o conformado por Charli debaixo dos paus, Javi Liñares, Tono, Moncho, Kike en defensa, Javi Ministro, Micho, Luis, Fran e Alex no medio, con Manolo arriba. Cando apenas se disputara un minuto, Agustín sustitueu a Micho debido á que o de Piñor sufreu un forte golpe na perna esquerda. No segundo acto, producironse os trocos de José, Dani e Manuel por Tono, Moncho e Javi Ministro respectivamente.
Non entrou o equipo ben no partido, xa que ademáis da lesión de Micho, os locais conseguiron adiantarse no marcador mediado o primeiro tempo logo dun erro na zaga visitante. Tras o susto inicial o Santiso refíxose e nunha gran xogada combinativa iniciada por Fran, Javi Ministro cedeulle o esférico a Manolo para acadar a igualada a un tanto. O gol doulle alas a un Santiso que conseguiría o segundo logo dun claro penalti sufrido e anotado por Alex. Sin embargo, a ventaxa non duraría moito para os visitantes xa que apenas un minuto despois do 1-2, o Prevediños conseguiría establecer de novo a igualada no marcador. Manolo puido evitar que se chegara con empate ó descanso pero non acertou a rematar unha boa xogada do equipo.
Na reanudación, as ocasións para o Santiso sucederonse e o resultado final puido ser todavía máis claro para os visitantes. Os goles foron obra de Fran que conseguiu o 2-3 cun auténtico golazo dende fóra da área, Manolo que faría doblete minutos máis tarde e Alex non quixo ser menos e anotou tamén o segundo gol na súa conta. Luis, Manolo e Manuel dispuxeron de novas oportunidades de perforar a portería local pero o marcador xa non sufriría máis variacións.
O equipo colle algo de folgos e abandona os últimos lugares da clasificación pero hai que seguir ganando para mellorar postos no taboleiro. O próximo partido terá lugar o domingo no Novo Zahorra fronte ó Montaos ás 4 da tarde.
Un saúdo e forza Santiso!!
Wenas,koma sempre mui boa kronica dani.respecto o partido do domingo ai k konseguir a 3 victoria konsekutiva pa seguir subindo postos na klasificacion,esperemos ke a afecion responda koma sempre e veña animar k asi sera moito mais facil.1 saudo e Aupa Santiso Alex
ResponderEliminarMoy fedelliño. como te esplicas!!!!! Haber domingo. forza santisooooo.cr6
ResponderEliminarHai q dar leña q eles seica son fodidos
ResponderEliminarBravo Dani! Menos mal que estás ti aí, porque o resto dos cronistas non sei a que andan... ;)
ResponderEliminarO domingo próximo temos que seguir coa mesma mentalidade, nada de relaxación, témome que vai ser un partido do máis complicado. Coincido co comentario anterior, vendo a fama que teñen os do Montaos en "sigue tu liga", deben ser leñeros a tope!!
Forza Santiso!