lunes, enero 28, 2013

Resurrección

Realmente o equipo nunca estivo morto e boa mostra delo foi o encontro realizado fronte ó lider tras o tropezo de Touro. O Santiso tivo contra as cordas ó Vila de Ordes durante boa parte do choque que finalmente rematou con igualada a dous tantos.

Polos locais actuaron Dani na porta, Javi Liñares, Tono, José e Isma en defensa, Roberto, Micho, Agustín, David e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo acto, Javi Ministro e Fran sustituiron a Roberto e David respectivamente.

O Santiso saiu a demostrar que o resultado do partido anterior fora un accidente e xogou con descaro dende o principio. O premio para o equipo chegou pronto logo da xogada preferida de Manolo, ou polo menos, a que ultimamente lle sae, cabezada logo dun saque de banda e desta volta non para anotar senon para asistir a Roberto que remachou á rede o gol inaugural do partido. As dúbidas chegaron ó conxunto visitante e os locais dispuxeron dalgunha ocasión máis inda que non demasiado claras, un remate de Manolo foi a máis destacable. Sin embargo, o Vila de Ordes repuxose e nos minutos finais deste primeiro tempo acosou a porta local mediante saques de esquina e faltas laterais. Nun deses achegamentos e tras un erro defensivo o marcador volvia ás táboas e así se chegaría ó descanso.

Na reanudación, o Santiso volveu a levar o peso do encontro ata adiantarse de novo, foi logo dun penalti provocado por José nun remate de cabeza que o defensa rival desviou co brazo. Alex foi o encargado de transformar a pena máxima para o equipo. Nesta fase do partido, ambos equipos puideron anotar e polos locais as máis claras chegaron por mediación de Alex nun remate cruzado e nun rebote do porteiro visitante que a piques estivo de rematar en gol. Sin embargo, o Vila de Ordes conseguiría a igualada de novo tras un remate de falta.

Partido que debe servir ó equipo para coller folgos e autoconfianza de que loitando dende o principio pode estar a altura de calquer rival. O seguinte embite será a domilicio fronte ó Resmón, outro óso duro de roer.

Un saúdo e forza Santiso!!

3 comentarios:

  1. Moi ben rapaces, así me gusta, dando a cara e estando todos unidos!!

    ResponderEliminar
  2. Hay que seguir asi .e xogar como o domingo asi pode ser algo. un saludo. e aupa santisooooooo. cr6

    ResponderEliminar
  3. Anónimo1/2/13 20:19

    Animo e a seguir asi chavales....hay que acabar fuertes a temporada!!! Dani coma sempre cronica mui completa e precisa!!! Jose5

    ResponderEliminar