O Santiso conseguiu arrancar un punto no primeiro encontro do 2013, foi a domicilio fronte ó Rial e o resultado final foi de igualada a un tanto. Os visitantes plantaron cara en todo momento ante un rival difícil e evitaron a derrota logo de realizar un gran esforzo.
Polos visitantes actuaron Charli na portería, Tono, Dani, José e Isma na defensa, Javi Ministro, Micho, Agustín, David (incorporación no mercado de inverno do Santiso) e Alex no medio con Manolo na dianteira. Na segunda metade, Roberto, José de Trebolo e Manuel sustituiron a Javi Ministro, José e Micho respectivamente.
Os primeiros corenta e cinco minutos non deixaron grandes ocasións de gol en ningunha área, defensivamente o equipo estivo moi serio e só na recta final os locais dominaron algo máis e dispuxeron de algunha ocasión. Cando o descanso estaba a piques de chegar, o Rial foi quen de anotar nunha xogada afortunada na que o dianteiro local se levou o esférico de rebote e posteriormente asisteu ó compañeiro para marcar o un a cero.
Lonxe de renderse, o Santiso saliu a polo empate no segundo acto metendo cada vez máis atrás ós locais que só se acercaban á Charli nalgunha contra. Manolo avisou primeiro nun remate que se foi fóra por moi pouco e posteriormente conseguiu anotar un gol "made in Manolo" despois dun saque de banda realizado por Isma que o de Vilar cabeceou certeiramente á rede cando o encontro estaba a punto de finalizar. Sen dúbida, un xusto premio para os visitantes que funcionaron como un verdadeiro equipo con continuas axudas entre tódolos xogadores.
Na próxima xornada comenza a segunda volta polo que o Santiso terá que xogar de novo fóra da casa, desta volta será en Touro; equipo que figura na terceira posición da liga polo que sin dúbida será un rival dificil.
Un saúdo e forza Santiso!!
Pa matarse!!!!! Carbonero.aupa santiso cr6
ResponderEliminar