jueves, diciembre 27, 2012

Derbi

Partido típico de rivalidade o disputado o pasado domingo no Novo Zahorra. Excaso de oportunidades e bo xogo pero con moita intensidade e emoción. Finalmente o Santiso levouse o choque por dous goles a un fronte ó Atlético Melide.

Os locais formaron con Charli na porta, Tono, Dani, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Agustín, Micho, Fran e Alex no medio con Manolo na punta do ataque. Na segunda metade, Roberto, Isma e Javi Liñares sustituiron a Micho, Kike e Fran respectivamente.

O dominio na primeira metade correspondeu ó Santiso e foi nestes primeiros corenta e cinco minutos donde desenvolveu o mellor xogo do partido. O primeiro gol chegou por mediación de Alex que acadou unha espléndida volea coa perna esquerda logo de que Micho pelexase con acerto un balón aéreo. Sen apenas tempo para poder reaccionar, os visitantes recibían o segundo tras un xogada na que Tono pelexou polo esférico e asisteu a Fran; o do Padrón revolveuse con éxito na área e deixou en bandexa o gol a Manolo que empurrou a pelota ó fondo das redes. O marcador non sufriría variación antes do descanso.

Tras o tempo de lecer, o encontro foi claramente a menos sobre todo por parte local e apenas houbo achegamentos nas áreas. Polo Santiso a oportunidade máis clara tivoa Fran cun remate ó longueiro pero o resultado non se vería alterado ata os minutos finais e por parte visitante, cando o Atlético acadaba o gol da honra despois dun centro que se foi envenenando ata introducirse na porta local. Os minutos finais foron de nervios polo apretado do marcador pero o Santiso aguantou ben e finalmente os puntos quedaron na casa.

Non foi o mellor partido da tempada para os locais pero esta victoria debe dar moral para afrontar o próximo choque que será a domicilio fronte ó Rial xa en 2013.

Feliz ano e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Moy ben fedelliño. haber como empeza o ano . un daludo feliz ano e aupa santisoooooo cr6

    ResponderEliminar
  2. Asi me gusta,que pouco a pouco sigades ascendendo na taboa e mais ganadolle o rival veciño!!
    Como vedes o Santiso tamen chega as Islas.
    Un saudo a todos desde Tenerife.
    Monchito

    ResponderEliminar