Gran triunfo o acadado polo Santiso o pasado domingo en Tordoia, os verdiamarelos derrotaron ós locais por cero goles a tres, pero sen dúbida o marcador final inda puido ser moito máis claro a prol dos visitantes xa que dispuxeron de infinidade de oportunidades para agrandar o resultado nun choque que dominou de principio a fin.
O equipo formou con Dani como arqueiro, Javi Liñares, Tono, José e Moncho en defensa, Roberto, Agustín, Javi Ministro, Fran e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. No segundo acto, José de Trebolo sustitueu a Manolo.
A pesar da longa viaxe, o Santiso non acusou o cansancio e pronto comezou a dominar o partido, nunha boa xogada combinativa finalizada cun centro de Alex e un testarazo de Manolo os visitantes inaguraban o marcador cando apenas se disputaran cinco minutos de xogo. O equipo colleu alas tras o gol e noutra fermosa acción iniciada por Fran, Roberto cedeu a Manolo e éste a Alex para que o de Mourazos anotara o segundo. De ahí ata o descanso as oportunidades sucederonse, Javi Ministro rematou dende fóra da área e o porteiro local desviou con acerto, minutos despois José nun remate de cabeza á saída dunha falta tamén puido sentenciar pero sen dúbida, Manolo tivo a máis clara deste primeiro período nun remate ó poste.
No segundo acto, máis do mesmo, dominio claro dos visitantes con grandes ocasións sobre todo na fase final do partido cando o Tordoia buscou un pouco máis a portería rival. Fran tería terceiro nas súas botas nun remate que desbaratou o gardamaias local, José de novo de cabeza tras un saque dende o curruncho puido acadar o gol da tranquilidade e minutos despois, producírase outra clarísima ocasión na que primeiro Roberto con remate ó poste e despois Manolo non conseguiron aprobeitar o bo centro dende a banda esquerda de Alex. O ansiado gol conseguiríase finalmente gracias a Javi Ministro que nunha boa aproximación ó ataque tras asistencia de Alex perforaba a rede local. Habería tempo para novas ocasións como un gol anulado a Roberto por fóra de xogo e tamén para un remate de Alex desviado de novo polo arqueiro do Tordoia.
Partido moi completo do equipo, quizais o mellor da tempada, cun triunfo que foi acompañado por grandes posesións do esférico e no que fixo boas accións combinativas co único pero da falta de gol que non debe alarmar a ninguén xa que tamén hai que gardar algúns para outros partidos.
A próxima cita para os xogadores do Santiso será a recinto pechado xa que este vindeiro venres celebrarase a xa tradicional cea de Nadal. Posteriormente, o equipo descansará este fin de semana e tamén o seguinte polo que non haberá fútbol ata o próximo día 23 de decembro na que o Atlético Melide visitará o Novo Zahorra.
Ata daquelas e inda que é algo cedo Bo Nadal a tod@s!!
Un saúdo e forza Santiso!!
Boas,espectakular kronika dani kom smpre a verdade tmos aki un redactor po diario marca jej..importante victoria pa seguir subindo algunha posicion,aoa toka deskansar 2 semanas per dedpois chega o esperado derbi(ai ke roelos)facer un chamamento a afecion pa k akuda a ver o derbi e a animar o santiso kom fan sempre.saudos e aupa santisoo....alex
ResponderEliminarTia. ebos moita facilida de palabra a que ten o noso redator!!!!!!!. Impresionante. bueno descansar ven que hay que seguir asi santiiiiiiiiiiiiiiiiiiso bien. Cr6
ResponderEliminarmoi ben chavales, dando o todo, o próximo partido habera q ir vermos eso si, sempre q ganedes!!!jejeje DAlo todooo!!! Lois
ResponderEliminar