Hai días nos que é mellor non levantarse e onte foi un deles para o Santiso, o Touro levouse o partido cun resultado moi abultado por 6 goles a cero.
Os visitantes xogaron con Charli na portería, Javi Liñares, Dani, José e Isma en defensa, Javi Ministro, Micho, Agustín, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade, David sustitueu a Micho e José de Trebolo a Javi Liñares.
Cando o equipo quixo reaccionar xa perdía por dous goles a cero, o primeiro logo dun erro defensivo e o segundo tras un máis que probable fóra de xogo. Tras os golpes sufridos, veuse a mellor versión do Santiso na que puido anotar por mediación de Manolo pero ós vestiarios chegaríase sin máis variación no marcador.
Na segunda metade veuse a peor versión do equipo na que encaixou dous novos goles moi cedo e xa non foi quen de reaccionar concedendo un resultado demasiado duro.
Esperemos que se volva á senda do bó xogo canto antes e que se poida ver un gran partido no próximo choque o vindeiro domingo no Novo Zahorra fronte ó lider, o Vila de Ordes.
Ánimo equipo!!
Un Saúdo e forza Santiso!!
Hay que dalo todo nos que quedan. e non discutir cr6.
ResponderEliminarVamos chavales ai k ganar o domingo pa olvidar a derrota do domingo.1 saudo e aupa santiso.Alex
ResponderEliminar