lunes, diciembre 05, 2011

Así si!

Tocou desta volta dar a de cal e realizar un meritorio encontro; victoria por dous goles a cero fronte a un Villestro B que se viu desbordado en todo momento por un gran Santiso.


Por parte dos locais actuaron Charli na portería, Javi Liñares, Manuel, José e Isma en defensa, Jose do Padrón, Micho, Kike, Alex e Fran no centro do campo e Manolo arriba. Posteriormente, entraron Javi Ourense, Dani e José de Trebolo por Jose do Padrón, Manuel e Alex respectivamente.


Foi sen dúbida ó mellor dos partidos que se levan disputados nesta liga, continuas chegadas á area visitante e sen apenas apuros en defensa. Sin embargo, costou adiantarse no marcador, as ocasións máis claras tivoas primeiro Alex e despois Manolo pero ningunha entrou. Si o faría unha moi boa xogada que iniciou Kike, deixou pasar Manolo e finiquitou Alex cun remate que se combertiría no un a cero. O de Mourazos adicoulle o gol ó noso compañeiro Roberto que se atopaba na grada. Así, se chegou ó tempo de lecer.


Na reanudación, o equipo buscou cerrar o partido e contou con incluso máis ocasións que na primeira parte. Fran rematou ó poste tras un saque de esquina pero o pequeno gran xogador do Santiso non ía quedar sin anotar desta volta, nunha xogada posterior, unha boa asistencia de Manolo convertiase no dous a cero tras o bo remate do futbolista do Padrón. Co resultado máis amplio para os locais, o Villestro botouse máis arriba e o Santiso tivo ainda máis ocasións que de non ser polo gardamallas visitante o resultado sería inda máis abultado; Micho, Kike e Javi de Ourense viron como o porteiro do Villestro lles sacaba os seus remates. Incluso Manolo tivo a súa ocasión con un balón que realmente entrou pero que o árbitro non dou como gol.


Bo partido en definitiva o disputado polo Santiso, non sabemos se foron os aires nocturnos pero o certo é que a outra vez que se xogara de noite ganaramos por 6 a 1 ó Berres, así que parece que non se nos dá nada mal.


O próximo partido será a domicilio fronte ó Deixebre, que está loitar polos postos nobres da clasificación. Será o último choque deste 2011, agardemos rematalo ó grande.


Un saúdo e forza Santiso!!

3 comentarios:

  1. Si señor que ben se esplica daniel el trabieso increible jaja.bueno haber o domingo si acabamos ben o ano un saludo pa aficion de parte de CR6

    ResponderEliminar
  2. gran partido de todo o equipo..noraboa a todos e especialmente a alex que se estrea como goleador no día perfecto..ánimo roberto.1 saúso para galicia ras

    ResponderEliminar
  3. moi boas a todos..si señor o domingo fixestes 1 partidazo.aver se ste domingo podemos derrotar o deixebre pa rematar ben ano..e gcias por todos eses animos que recibin por parte do SANTISO.aver se po ano podo voltar a xogar de novo..1 saúdoo e ForzAAA SANTISOOOO.RobERto

    ResponderEliminar