lunes, octubre 02, 2006

3ª Xornada

A crónica
Espléndida victoria por goleada 7-0 ó Prevediños ante o noso público.

Hai que recoñecer que foi un partido fácil desde o principio e que o equipo rival nen sequera chegou a facer ocasións de peligro ante a portería de Charly (ainda que non podemos decir que fora un expectador de excepción porque co seu gol de penalty entra na dura pelexa polo pichichi do equipo). O encontro serviu para olvidar un pouco as dúas malas actuacións anteriores e para que o público que acudiu o campo se divertira co xogo, cos goles e tamén cos típicos comentarios que aparecen cun resultado tan abultado, claro (incluidos os apelativos cariñosos ó arbitro que lucía unha brillante e incipiente melena).

Ante a choiva de goles e a escasa oposición do rival, non comentaremos as distintas xogadas, e diremos únicamente que os goles foron conseguidos por Micho, Manolo (2), Alfonso, Jose, Dani (outro que sube como a espuma nas apostas para o pichichi) e o comentado de Charly de penalty.

Por certo, despois do encontro do Santiso, xogouse no municipal do Souto o encontro entre o Toques (con moitos ex-compañeiros) e o Ponte Carreira que rematou con empate a 2.

A vindeira semana visitamos o campo do Lamela B. Unha victoria do Santiso valería para adiantarlles na clasificación e colocarnos na zona alta da táboa.

Xogador estrela

Aínda que debido o tipo de partido pódese decir que todo o equipo parece mellor o certo é que todo o mundo pode ver que con Alfonso no medio do campo o equipo parece outro. Tócase máis o balón por abaixo, as faltas que se lanzan dan outra sensación de perigo e os equipos rivais cóstalles moitísimo máis facer xogadas.
Así pois, recordando aqueles vellos tempos nos que se decía que "Cando xoga Charly xoga o Santiso" agora temos que decir que "Cando xoga Alfonso xoga o Santiso". Estamos desexando velo acompañado pronto por Míchel motivado arriba (o flamante entrenador-xogador, o noso Vialli particular que onte decidiu reservarse)


Anecdotario
Con temple. Así marcou o noso porteiro Charly o seu primeiro gol esta tempada. Un porteiro da vella escola de Rogelio Ceni (si, si, ese do São Paulo que tira ata as zapatillas). Prevese unha dura competencia agora nas xogadas a balón parado Alfonso-Charly similar a tantos outros como Beckam-Roberto Carlos no Madrid. O público, que pese a que sempre ten a razón (ainda que neste caso menos, porque non paga entrada) fixo comentarios despectivos do tipo "Habían ser bos cando marcou hasta o porteiro..." e outros similares. Desde aquí animamos a Charly para que faga caso omiso deses comentarios e siga a súa imparable carreira cara o pichichi.

Certo xogador do Santiso, do que non imos decir o nome porque Sandá prefiere quedar no anonimato, tivo unha noite de sábado animada e apareceu co peito cheo de brillantina de colores o que fixo que máis dun pensanse se Carmen de Mairena non andaría este sábado por Melide.

6 comentarios:

  1. Mimadriña! Vaia peta! Haberá que concederlle o beneficio da dúbida a este Santiso e pensar que, se cadra, é que ides collendo folgos, porque a outra opción é dubidar de cheo da calidade do rival... en fin, que sexa polo santo que sexa, ora por nobis, e moita forza para ese santiso.
    Gloriosa esa crónica de "Martís", apuntalada, eso si, pola paixón das cores.
    E que hai desa afección? Non estaría mal tamén facer unha análise crítica da resposta do público...

    ResponderEliminar
  2. Xa che vale andar a contar por aí o de Sandá oh,agora como carallo lle vai vender os da prensa do amorio a sua aventura con CARMEN DE MAIRENA.Mimadriña menuda cria vai sair, ca.
    No futbolístico o novo Beckam (Sandá)estibo ben, asi como o rest do equipo,aínda que en fronte estaba un dos peores equipos da liga penso eu.
    Deu gusto ver o campo con xente na grada sobre todo o final coa xente do Toques aínda que fose porque xogaban despois,claro.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa polo crónica Martís. E a seguir asi, non macordo eu dun 7-0 bufff non oh.
    Menos mal que o sabado non saín, porque se me atopo a Carmen de Mairena escapo.
    ;)

    ResponderEliminar
  4. Como que dou o San tiso nesta jornada?

    ResponderEliminar
  5. Esta xornada perdemos 4-3 no campo do Lamela. Aínda non tiven tempo de escribir a crónica. Como ademais tampouco fun ó partido teño que informarme ben antes.

    ResponderEliminar
  6. Crónica da 5ª xornada ja!

    ResponderEliminar