A crónica
Respecto a 4ª xornada, temos que decir que saimos derrotados por 4-3 do campo do Lamela-B. E eso que ós 15 minutos xa se gañaba por 3 goles a cero. Ó descanso chegouse con un 3-2 favorable, pero a expulsión de Álvaro e outra serie de circunstancias estrañas, que estamos seguros que non se repetirán, propiciaron a remontada do Lamela nun partido que tiñamos
gañado e que nos mesmos nos encargamos de botar por terra. O feito de que só 12 xogadores se puidesen desprazar ó partido, de seguro que tamén influiu neste adverso resultado. Decir finalmente que os goles do Santiso foron conseguidos por Míchel de penalty, Álvaro e José.
En canto a 5ª xornada, a victoria no campo do Dozón, fixo esquecer a derrota anterior e devolve ó Santiso ó medio da táboa clasificatoria. O resultado serviu ademais para alonxar as pantasmas creadas no partido anterior, pois, como naquel caso, conseguimos poñernos cun marcador de 3-0 a favor. Sin embargo, e pese á confusión dos 5 minutos finais, que puideron costarnos máis caro, esta vez a remontada non se produciu. Os goles do santiso foron anotados por Jose (José Manuel o do Padrón), que viu así recompensada a súa presión constante ó porteiro e a defensa rivais, Sandá e Moncho nun espectacular salto ó saque dun corner no que se impuxo a toda a defensa do Dozón. Sen embargo, parece que o arbitro concedeu este gol, que por certo para algúns non chegou a entrar, a Manuel, pero seguro que Moncho o seguirá intentando.
Desde logo non se poderá queixar o escaso público que acude ó municipal. O Santiso é, con 14 dianas, o equipo máximo goleador da categoría. Hai que decir tamén que so os dous últimos clasificados levan máis goles encaixados. Polo tanto, pódese decir que un pode acudir a ver este equipo con altas probabilidades de ver un bo espectáculo, polo menos no que a goles se refire.
Se a esto engadimos que a vindeira xornada recibimos ó Vilatuxe, o segundo equipo máis goleador con só un gol menos, debería ser argumento suficiente como para que os indecisos se animasen a achegarse o vindeiro domingo ó campo da Ponte. Deste xeito poden comenzar a tarde sobre as 4 vendo este emocionante partido e completar logo a tarde futbolística das que fan afección co Madrid-Barça do Bernabeu (sen dúbida, dous partidos de altura).
Outro dato a ter en conta e o enormemente distribuidos que están os goles que consigue o Santiso entre os seus xogadores. De feito, so 4 ou 5 deles aínda non viron porta rival, o que fai que a loita polo pichichi particular do equipo se presente máis aberta que nunca.
Xogador estrela
A falta da categoría de "Adestrador estrela" na que pugnaría cada semana a dupla Míchel-Juan, temos que asignar hoxe este galardón ó noso entrenador-xogador Míchel. E é que o seu revolucionario 5-4-1, para outros entendido como 3-4-3 cos laterales facendo de carrileiros, pero que o seu propio creador definiu como "chamádelle como queirades, pero é o mismo que o outro día", está empezando a dar resultados.
Nadie discute a categoría de Míchel como xogador, eso sí, cando está motivado e con ganas de xogar, pero a este paso teremos que falar pronto do novo Fernando Vázquez galego (ou quizais se se anima a deixar bigote o novo David Vidal, quen sabe...).
Anecdotario
Neste novo afán por abrir novos mercados, pensamos sobre todo en Oriente (non falamos neste caso de China ni Xapón senón do eixo Touro-Agolada-Tabeirós) coméntase que o Santiso incorporou á súa causa mesmo a estrelas da talla de Richard Gere (adicamos esta anécdota a José e Sandá que, ben seguro, pensaban que esto non sairía do vestiario).
Por outra banda, houbo unha pequena falta de comunicación entre o dúo de dirección técnica que fixo que algúns xogadores se desplazasen ó municipal de Dozón sen a pertinente ficha federativa. Ante esta situación considerouse, por unha vez e sen que sirva de precedente, que esta vez Alfonso non lle ía decir ó árbitro aquelo de "Eu son meu irmao oh!!!" que xa pensaramos para Míchel na Estrada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
hola! son jose o do padrón. bastante ben a crónica da 5ªxornada mais non recordo haber marcado, aínda que pode que o merecese.. o caso e que o autor do primeiro gol foi "brilantina" sandá, creo, non lle quitemos o mérito o rapas. veña ata outra
ResponderEliminarVou sacarvos de dudas e dicir quen anotou o terceiro dos tantos,non foi outro que Monchito dun espectacular lanzamento de falta (inda que certo integrante do banquillo berrase dicindo que non ía nin chegar a porteria).
ResponderEliminarO caso é que ganamos e se seguimos así,quererá dicir que se xoga con ganas algo que para min é o máis importante.Ah!Jose animo que o gol chegará, xa verás.
Eiquì o que acaecía era montaren unha cuchipandísma jrandísma da Virgen. Por esa xuventude saneada de Santiso. Non vos mancaren.
ResponderEliminarBoas,chego algo tarde para facer o comentario destas xornadas xa que hoxe é o 22,pero bueno.Este fulano da cuchipandisma soname a min de algo,(cando veñas por aqui tomasmoslle uns merokas deses,ou)pero non está mal a idea esa da festiña,non.Non sei ben que pasou en Lamela pero en Dozón púxoselle gañas e espíritu o asunto, ademais dun bo xogo,pero ai que ter claro que é moi importante o primeiro xa que só con eso ganaselle a moitos equipos nesta categoría.Seguir así.Moooiiii boa crónica meu un saudo vemonos today para ver como perde o barca e tomarllunhas.Un saudo po da capital do reino.
ResponderEliminar