O Santiso conseguiu unha nova victoria despois de golear ó Prevediños por 4 tantos a cero. O encontro rachouse na segunda metade donde os locais dominaron claramente o partido.
O once inicial do equipo foi o conformado por Charli na porta, Moncho, Tono, Dani e José de Trebolo en defensa, Roberto, Agustín, Micho, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda parte, Javi Ministro, David, Javi Liñares e Javi Ourense sustituiron a Micho, Alex, Moncho e Manolo respectivamente.
O Santiso saltou ó campo un pouco relaxado quizais porque enfrente estaba o pechacancelas da liga e non conseguiu desenvolver un bo xogo. Ainda así, os locais dispuxeron de tres claras oportunidades de inaugurar o marcador, dúas por mediación de Alex e unha de Roberto pero en todas elas o porteiro rival estivo moi acertado e provocou que se chegase con igualada sin tantos ó descanso.
Na reanudación, os locais sairon ó campo moito máis enchufados e pronto chegaron os goles. O primeiro deles foi obra de Fran que rematou á rede un rexeite dentro da área logo dun corner. O segundo non se fixo agardar e Manolo anotou de cabeza unha boa asistencia de Alex. Tras unha falta lonxana, Moncho conseguiría sorprender ó gardameta visitante e acadar ó terceiro para o equipo. A goleada cerrouna Manolo que faría doblete logo dunha xogada individual. O marcador puido ser todavía máis favorable para os locais que dispuxeron de máis oportunidades de gol, José de Trebolo dispuxo da ocasión máis destacada logo dunha boa xogada individual que o porteiro visitante desviou con acerto.
O vindeiro encontro do equipo será a domicilio fronte ó Montaos o próximo domingo ás 4.30 da tarde.
Un saúdo e forza Santiso!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario