Preciado botín o acadado polo Santiso o pasado domingo na súa visita a Trazo, empate a cero nun dos campos máis difíciles da categoría. O equipo estivo moi ben plantado en todo momento e incluso puido traer os tres puntos para a casa nos minutos finais do partido.
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Moncho, Tono, Manuel e José de Trebolo en defensa, Roberto, Micho, Agustín, Fran e Kike no medio do campo con Alex na dianteira ante a ausencia de Manolo. Na segunda metade Dani, Javi Ministro e Javi Liñares sustituiron a José de Trebolo, Alex e Roberto respectivamente.
O encontro transcurriu bastante parexo durante a primeira metade sin apenas ocasións de gol, o achegamento máis importante por parte do equipo protagonizouno Alex cun remate moi forzado logo dunha mala saída do porteiro local.
No segundo acto o choque transcurreu polos mesmos derroteiros cun Trazo sólo inquedaba a porta visitante mediante faltas laterais e saques de esquina e un Santiso ben atrás que no tramo final dispuxo de dúas grandes ocasións. A primeira foi logo dunha gran xogada combinativa entre Javi Liñares e Fran na que ó do Padrón asisteu a Kike libre de marca que estrelou o seu remate ó poste. Posteriormente, o porteiro do Trazo volveu a facer unha mala saída e desta volta Kike tivo de novo a ocasión de anotar pero o seu remate de cabeza foise fóra.
O vindeiro partido para o equipo será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Prevediños ás 4.30 da tarde.
Un saúdo e forza Santiso!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario