O do pasado domingo en Ordes contra o Montaos foi un encontro marcado pola lesión de Javi Liñares na rodilla, da que esperemos que a gravidade sexa a menor posible. O resultado final do partido foi de empate a un gol, punto que sabe a pouco para o Santiso.
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Javi Liñares, Tono, Dani e Kike en defensa, Roberto, Micho, Agustín, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Moncho sustitueu o lesionado Javi Liñares e Javi Ministro e José de Trebolo entraron no campo por Roberto e Micho.
O partido iniciou ben para o equipo xa que conseguiu adiantarse no marcador gracias a un rexeite que aprobeitou Alex para romper as táboas. A mágoa foi que casi na xogada seguinte, tras unha probable falta a Tono, o dianteiro local conseguiu anotar e igualar de novo a contenda. Antes do descanso Alex puido adiantar de novo ó Santiso pero o longueiro evitou o segundo gol dos visitantes.
Tras o descanso, o equipo foi superior no partido e inda que non desplegou un gran xogo, sí dispuxo de claras ocasións para levarse o choque. Alex por partida doble tivo as máis claras pero a primeira opción foise fóra cerca do poste e na segunda o gardameta local evitou o gol. Fran dispuxo doutra boa ocasión pero o seu remate tampouco chegou ó fondo da rede.
O vindeiro partido será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Tordoia B ás 4.30 da tarde.
Un saúdo e forza Santiso!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario