martes, febrero 26, 2013

Remontada

O Santiso logrou un gran triunfo fronte ó Camporrado nun choque no que chegou a ir perdendo por dous goles ó descanso pero que acabou volteando o marcador deixando o resultado final de 3-2.

Polos locais xogaron Charli na porta, Tono, Manuel, Dani e Kike en defensa, Roberto, Agustín, Javi Ministro, David e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade Micho, Javi Ourense e Fran sustituiron a Javi Ministro, Roberto e David respectivamente.

O partido na primeira metade discurreu con dominio alterno pero foron os visitantes os que moveron o marcador anotando dous tantos, o primeiro logo dun erro defensivo de Dani e o segundo tras un pase da morte dende a banda que o dianteiro visitante non desperdiciou. A pesar da dureza do marcador, o Santiso non se veu abaixo e dispuxo de boas oportunidades de gol. As ocasións máis claras por parte local chegaron por mediación de Kike nun remate de falta e na mesma xogada o rexeite que non puido aprobeitar Manolo. Posteriormente e certa xa do remate do primeiro acto, David puido reducir distancias no marcador pero o seu remate foise fóra por moi pouco.

Tras o descanso, os locais fixeronse co control casi total do encontro dispoñendo de varias ocasións de gol e sin apenas sufrir en defensa. O primeiro gol para o equipo non se fixo agardar e acadouno Manolo cabeceando un remate de falta de Kike. O empate puido chegar minutos despois cando Agustín veu como o defensa visitante sacaba o seu remate de cabeza na mesma liña de meta, pero a igualada chegaría por mediación de Kike cun remate dende fóra da área. O terceiro gol puido ser obra de Javi Ourense pero de novo un defensa do Camporrapado evitaba que o remate entrase na porta visitante. O merecido premio para os locais chegaría nunha xogada casi calcada á do primeiro tanto cos mesmos protagonistas, Kike saca unha falta e Manolo cabecea ó fonda da rede o esférico. Sin embargo, os visitantes dispuxeron dunha gran oportunidade de igualar de novo o marcador cerca do final do choque cun remate falta pero unha estirada espectacular de Charli evitou o gol e que os visitantes conseguisen puntuar no Novo Zahorra.

O vindeiro partido do equipo será a domicilio fronte ó Trazo o próximo domingo.

Un saúdo e forza Santiso!!

3 comentarios:

  1. Intratable cr6 neste partido, con media ocasión fixo 2 goles..manolo selección..

    ResponderEliminar
  2. Victorias coma esta sentan moi, pero que moi ben. Hai que seguir así, pese que o vindeiro domingo toca visitar a un rival moi complicado.

    Dani, bo traballo co blog. E ánimo que erros no campo cometémolos todos!

    Un saúdo e forza Santiso!

    ResponderEliminar
  3. Haber que facedes domingo!!!?? Eu non podo ir. animo e seguir asi. a topeeeeeee!!!!!! Cr6

    ResponderEliminar