jueves, octubre 04, 2012

Nervios

Con máis retraso do debido, chega a crónica do primeiro encontro de liga. Tralas dúas magníficas previas realizadas por Tono toca analizar o partido que dou o pistoletazo de saída na tempada 2012-2013.
 
Moitas ganas tiña o equipo de agradar e de facer un bo papel ante o seu público no arranque ligueiro pero desafortunadamente o Santiso non puido agasallar cos tres puntos á súa parroquia e caeu derrotado por 2 goles a tres fronte ó Touro. O primeiro once da nova campaña dos locais foi o formado por Dani na portería (tras a baixa de Iván e a sanción de Charli), Tono, Moncho, José e Kike en defensa, Agustín, Micho, Manuel, Luis e Alex no medio e na dianteira Manolo. Na segunda metade participaron Javi Ministro, Javi Ourense, Javi Liñares, Roberto e José Trebolo en sustitución de Micho, Manuel, Luis, Manolo e Moncho respectivamente.
 
O Santiso levou máis o peso do partido no primeiro acto, inda que non chegou a ter moitas ocasións, ós puntos o equipo mereceu chegar ó descanso con vantaxe. Manolo tivo unha boa oportunidade pero os da casa anotaron o primeiro gol do encontro tras un corner ensaiado por mediación de Alex. Cando o tempo de lecer se acercaba, o Touro conseguiu o gol do empate nunha contra. Ese gol sería o inicio do fin para os locais.
 
E é que pouco despois de volver dos vestiarios os visitantes conseguían darlle a volta ó marcador e ferir de gravidade animicamente ó equipo. Sin embargo, logo dun saque dende o curruncho o Santiso conseguiu o gol do empate por mediación de Kike novamente tras unha acción ensaiada. Nese intre parecía que os locais poderían incluso levarse os tres puntos pero nada máis lonxe da realidade. Nunha falta lonxana, Dani fallou con claridade á hora de colocar a barreira e o Touro acadou o 2-3 final. Foi outro duro golpe que xa foi demasiado para un Santiso que o tentou ata o remate pero con máis corazón que cabeza. Nesta fase Agustín tivo a ocasión máis clara pero o gardamaias visitante fixo unha boa intervención.
 
Datos positivos e negativos como ben comentou Tono (ó que animo a que faga algunha crónica), pero que ambos toca esquecer xa pensando no próximo partido, o sábado contra o Vila de Ordes ás 18:45 (parece que a tolemia cos horarios non é exclusiva da primeira división...). Esperemos que cheguen os primeiros puntiños da tempada.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

1 comentario:

  1. Aí estamos Dani. Por certo, ¿algún dos que estivestes o martes podedes confirmar a que hora quedastes hoxe?.

    ResponderEliminar