Non consegue o Santiso acadar a victoria nesta tempada, desta volta caeu fronte ó Pino B por 6 goles a 4 nun choque que tivo moitas alternativas no marcador e que a pesar da nefasta primeira parte realizada polo equipo puido conseguir cando menos un punto.
Polos visitantes actuaron Dani na porta, Tono, Moncho, José e Javi Ministro en defensa, Luis, Micho, Agustín, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade participaron Roberto, Javi Ourense, Javi Liñares e José Trebolo.
Na primeira xogada do encontro xa se puxeron mal as cousas para ó equipo xa que os locais conseguiron adiantarse no marcador con agasallo de Dani incluido. Esta circunstancia provocou certa inseguridade no equipo e cando quixo reacionar dous novos remates acababan nas redes visitantes. A pesar de que o Santiso anotou un gol tras unha boa xogada de Alex que os defensas locais introduciron na sua porta; o pesadelo continuaba xa que na acción seguinte caía o cuarto tanto a favor do Pino B. Rematando a primeira parte, Alex conseguia reducir a diferencia a dous goles transformando unha pena máxima.
No segundo acto, a decoración cambiou bastante e o Santiso mereceu moito máis chegando a empatar por mediación de Alex (que volveu a anotar outro penalti) e Manolo que defineu a perfección logo dunha magnífica asistencia de Fran. Co empate a 4 puido pasar de todo pero a inxusta expulsión de Alex motivou que os locais volvesen a levar o peso do encontro, inda así, Roberto tivo unha gran oportinidade de voltear o marcador por completo pero o gardamallas local desbaratou o seu remate. Pouco despois chegou o quinto para os da casa, circunstancia que sumada a expulsión de Javi Minitro nunha xogada posterior suporía a resignación definitiva do Santiso. Cerca do remate, os locais acadarían o sexto logo dun remate de falta.
Quedandonos co positivo, o equipo conseguiu remontar un 4-1 adverso fóra da casa e de non ser por xogar en inferioridade nos minutos finais quizais se conseguise sacar algún punto. Obviamente existen cousas que mellorar pero hai que animarse e tratar de conseguir canto antes a primeira victoria da tempada. O próximo partido será o domingo no Novo Zahorra ás 16.30 fronte ó Villestro B.
Un saúdo e forza Santiso!!
Moy ben dai coma sempre. animo rapaces maña hay que salir a roelos . cr6
ResponderEliminar