Agardando que Dani nos regale outra das súas crónicas acerca da primeira xornada, aproveito só para facer un par de comentarios (e de paso seguirlle dando vidilla ó blog).
Para comenzar, dicir que este fin de semana xogaremos o sábado, e non o Domingo como ven sendo habitual. En Siguetuliga seguen indicando as 18:45 como hora do partido. Non se se finalmente se conseguiu adiantar algo ou non (para que aqueles que teñen problemas co traballo por aquelo do horario poidan asistir). Visitaremos o campo dun recén chegado de 2ª rexional, que ademáis comenzou gañando fácil o seu primeiro partido, como podedes ler no seu blog (aproveito tamén para enlazalo na parte dereita, xunto con outros rivais), así que non se presume un partido doado.
Polo que respecta ó partido do domingo, só quería deixar un par de notas positivas e un par negativas para a reflexión. No apartado positivo, a resposta do público, un ano máis, e pese ó resultado, e tamén a satisfacción de ver como as xogadas ensaiadas a balón parado dan finalmente os seus froitos, pois os dous goles chegaron deste xeito (dous córners, o primeiro deles ensaiado xa desde o ano pasado, e o segundo bastante repetido nos entrenamentos deste ano con Víctor). No tocante ó negativo, indicar o fallo grave de equipo que permitiu que co marcador a favor nos fixeran un gol nunha contra, ademáis nun momento pésimo (case chegado o descanso), e a escasa capacidade de reacción e de crear máis ocasións de perigo, máis aló das xogadas a balón parado. Confiemos en que os adestramentos nos permitan mellorar estes aspectos.
Coma sempre, estas son só algunhas ideas miñas... A ver que pensades vós.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ah! Puxen tamén os goleadores e algunhas fotos do partido. Premede para velas, porque non atopei unha forma fácil de poñelas en grande sin liarme moito.
ResponderEliminarSaúdos.