Aquí estamos un ano máis, xa cunha nova tempada ás portas. Despois dun verán de adestramentos e 6 partidos amigables, xa temos gañas de comenzar a competir.
Para os que estades menos metidos no día a día, decir que no parte de altas e baixas destaca a incorporación dun veterano do Santiso de toda a vida, como é Víctor, que este ano axudará a Ramón nas tarefas de adestrador. No tocante ó plantel, destacan os regresos de dous vellos coñecidos, Moncho e Agustín, que volven tras unha mínima pausa na súa etapa con nós. Polo que respecta ás baixas, Iván pasa a ocupar a portería dos xuvenís do At. Melide e Jose do Padrón tómase un respiro este ano (cuidado co LK!), así que, como vedes, o groso do equipo é o mesmo do ano pasado.
E xa, para meterse en fariña, decir que comenzamos tempada co Touro, na casa, este domingo ás 17h. Recordaredes que o ano pasado perdemos con eles, aínda que despois fomos quen de devolverlla a domicilio. Para os que queirades recordar como foi aquelo, aquí vos deixo os enlaces as crónicas de Dani, que non perden detalle:
Santiso 0 - Touro 2
Touro 1 - Santiso 3
Como vedes, 3 goles encaixados e 3 recibidos, e partidos nada cómodos, así que máxima igualdade (por certo, que na marxe dereita tedes tamén o enlace ó blog do Touro, onde podedes ver os amigables que disputaron este verán, entre outras cousas). Imos ver se este ano somos quen de dar un paso adiante.
Saúdos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ánimo e a por eles. Son pan comido
ResponderEliminarHay q mpzar ganando...
ResponderEliminarMoita forza, xentiña!
ResponderEliminarVAMOS CHAVALES A EMPEZAR GANANDO PA DARLLE UNHA ALEGRIA A AFECION,K SEGURO K RESPONDE KOM SEMP...1SAUDO E AUPA SANTISOOOOO
ResponderEliminar