miércoles, octubre 17, 2012

Sin puntos no Novo Zahorra

Resístese a primeira victoria da tempada para o Santiso, desta volta, foi o Resmón o que conseguiu levarse os tres puntos nun partido bastante igualado que se decideu por un único gol.
 
Na formación local actuaron Charli como porteiro, Tono, Moncho, José e Kike en defensa, Roberto, Micho, Luis, Dani e Alex no medio, con Manolo como dianteiro. Na segunda metade participaron Fran, Javi Liñares, Javi Ministro e Isma que sustituiron a Roberto, Dani, Luis e Micho respectivamente.
 
Tentou o Santiso levar o peso do choque durante o primeiro tempo pero atopou unha boa oposición dos visitantes que se agazapou ben atrás sen conceder moitas ocasións e que atacaba con contras moi perigosas. Neste período Luis tivo a ocasión máis clara polos locais nun man a man que o porteiro do Resmón conseguiu despexar, tamén Alex tivo unha boa ocasión pero o seu remate foise fóra; por parte visitante tamén existiron achegamentos que puideron variar o marcador. Sen embargo, ó descanso chegaríase co marcador sin goles. 
 
Respirabase no ambiente que o que conseguise anotar primeiro se ía levar os tres puntos e así foi. O momento clave produciuse cando apenas se disputaran os primeiros quince minutos do segundo acto; Luis de novo tivo a gran ocasión de adiantar ó Santiso rematando ó poste dende fóra da área pero algo peor agardaba ó equipo na xogada seguinte, xa que os visitantes armaban unha contra que propiciaría o único gol do encontro. A partir de ahí, o Santiso tentouno con máis corazón que cabeza e incluso puido encaixar algún gol en lugar de anotar  nalgún contragolpe máis dos que dispuxeron os visitantes que ademais desquiciaron ó equipo con continuas perdas de tempo dende que conseguiron adiantarse no marcador.
 
Non foi o mellor partido do Santiso pero plantou cara a un Resmón que é o único equipo da liga que inda non recibeu ningún gol. Se vos fixades na clasificación, os nosos primeiros tres rivais ocupan os tres primeiros postos polo que toca erguerse e pensar xa no próximo partido que será o vindeiro sábado fronte O Pino B ás 16.30.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

1 comentario:

  1. moito que mellorar pero tampouco nos alarmemos tanto, poidemos ganar calquera dos partidos e se botades 1 ollada á táboa veredes que os 3 primeiros son os equipos que xa competiron contra nos..1saúdo para galicia ras e para cr6

    ResponderEliminar