martes, enero 20, 2009

Imos ver se nos poñemos o día...

Pois iso. Empezamos, se vos parece, por facer reconto. Estaba tentando actualizar a tabla de goleadores pero a miña memoria non da para moito, así que a ver se me botades un cable. Á dereita tedes os partidos disputados, e, como vedes no gráfico dos goleadores, perdinlle a conta desde o partido do At. Melide.
A ver se entre todos recopilamos o resto (Dani, confío en tí para isto unha vez máis). Eu cóntovos os que lembro. Cronolóxicamente, en sentido inverso:
  • Dos 4 goles contra o Prevediños, un foi de Manuel e outro de Alfonso. ¿o resto?
  • Os 3 goles ó Balouta... nin idea
  • Gol no empate co Camporrapado... ídem
  • O gol da honra contra os 8 do Vilatuxe...tampouco
  • O da honra contra os 5 do Golada... non sei
  • Dos 3 que lle marcamos ó Cruces, un foi de Álex e outro, creo que Manolo, non sei máis
E xa está... a ver se alguén se anima a botarme unha man...

En breve máis. A ver se non deixamos morrer isto (mea culpa).

Saúdos.

6 comentarios:

  1. buenas son alex.os dous goles que faltan contra o prevediños un foi de alex e o outro de alberto de barazon.contra o balouta marcou dous alfonso e un manolo.o gol do empate contra o camporrapado foi de fran.o gol da honra contra o vilatuxe foi de alex.o gol da honra contra a golada foi de monchito.e gol que che falta contra as cruces foi de fran.un saudo e AUPA SANTISO

    ResponderEliminar
  2. pois claro que si o noso alex o crack do santiso a ver se quedades en boa posicion.aupa santiso.campo novo ascenso seguro

    ResponderEliminar
  3. Vaia. Impresionante Álex!!!. Graciñas.
    E, por certo, estou de acordo con Diego en que unha das mellores noticias deste ano foi a fichaxe de Álex. Calquera que vexa os partidos, sabe que está sendo dos destacados en cada encontro. Velocidade (como non, sendo sobriño de quen é), profundidade pola banda, xuventude e gol.
    A seguir así.

    ResponderEliminar
  4. Como dirían os norteamericanos: Oh, my god!!
    É non é para menos, non só comezaron coas obras do novo campo senon que ademáis o santiso gaña como visitante por 0 a 5!
    Noraboa a manolo polo seu hat-trick e en xeral a todo o equipo que seica fixestes un partidazo.
    A seguir así!
    (Agus)

    ResponderEliminar
  5. pois claro como non o santiso cara arriba e aber se xegamos algun dia o ascenso Diego

    ResponderEliminar
  6. agora co campo novo......partidos mellores!!! dentro de pouco xa tedes o tan deseado campiño que o merecedes!!! alégrome moito por vos e polos afeccionados que tamén o desexamos moitisimo. un biko a todos e animo!!! aupa santiso!!! e ademais que hai algún por ahi q esta de moi bon ver,jee,jeje,jee.

    ResponderEliminar