viernes, enero 30, 2009

A porra do "Novo Zahorra"

A idea do último comentario paréceme moi interesante, así que imos ver se facemos algo. Estiven dándolle voltas todo o día e, finalmente ocorreuseme enrevesala un pouco. A ver que vos parece:

  1. Apostaremos polo primeiro goleador do Santiso en partido oficial de liga no "Novo Zahorra".
  2. Cada persoa pode apostar só unha vez, escollendo a un goleador. Mentres artellamos como o deseñamos para recoller todos os resultados na páxina, vale con que deixedes un comentario en calquera entrada do blog, decindo o voso nome e por quen apostades.
  3. Agora ven a volta de tuerca: en vez de un premio para o primeiro que marque trátase, máis ben, dun "castigo". Básicamente, o primeiro goleador terá que invitar a unha ronda de cañas a todos os que apostasen por él. Esto ten un dobre propósito: por unha parte facemos que non se fomente o "chuponismo"; se fose un premio para o primeiro goleador ía facer falta un balón para cada un, e ata Charly ía pegarlle ós saques de porta cara o área contraria. Por outra, é un "dulce castigo", xa que o primeiro goleador debería levar con gusto a volta de cañas do seu peto, tendo en conta que pasará á historia da nosa gloriosa UD, inaugurando o "Novo Zahorra". De todos modos, se algún dos candidatos "capo-cañoneiros" decide retirarse (por ter can-codrilos nos bolsillos, ou algo así, pode facelo).
  4. Para os que pensen que unha volta de cañas é un premio ridículo, que pensen que aínda falta bastante para que o novo campo estea listo, e, ata ese momento podemos apuntarnos todos. Non fai falta ser xogador nin socio: basta con deixar un comentario co resultado e o nome e estar disposto a tomarlle unha caña á saúde do primeiro artilleiro do "Novo Zahorra".
¿Qué vos parece?.

22 comentarios:

  1. E para inaugurar oficialmente a porra, a primeira aposta vai por Alberto Cordido.

    -Tono-

    ResponderEliminar
  2. A miña aposta vai por Alfonso, que xa que non pagou a cena que debe (por chegar ós 30 puntos a tempada pasada) a ver se esta vez paga polo menos unha caña!!
    -Agus-

    ResponderEliminar
  3. eu sumome á aposta de agus, así q tocarálle pagar a alfonso!
    -jose (padrón)-

    ResponderEliminar
  4. Imos votar logo para a porra...
    JOSE do Padrón!!
    eso si... señor entrenador! faga o favor e métao a xogar pq senón... a ver como vou gañar eu a caña!!! (Nati Mejuto Amboage)

    ResponderEliminar
  5. Anónimo1/2/09 19:00

    Vamos a apostar por MANOLO. que tanto pode marcar un hat-trik como mandar o balon a Mourazos e cercanias.

    (Tiburio)

    ResponderEliminar
  6. Anónimo2/2/09 11:55

    Eu fago a miña aposta por alex que a pesar da xuventude e un dos goleadores do equipo(diego)

    ResponderEliminar
  7. Anónimo2/2/09 14:42

    Eu vou apostar por Alfonso, compañeiro de xeración, vai ser el quen acenda ó lume na inauguración do "New Zahorra´s"
    -Riki -

    ResponderEliminar
  8. Anónimo3/2/09 10:22

    Boas!!
    Alegrome moito de que esto collese vida de novo, que siga así. Eu vou apostar por Fran, que inda non ten ningún voto e penso que pode ser un dos favoritos.
    Aupa Santiso!!

    Dani

    ResponderEliminar
  9. Anónimo3/2/09 11:01

    veña eu aposto por meu irman(por quen senon...jeje)pero por Fran, eh!!que a Jose nn o vexo eu en moi boas condicions fisicas ultimamente...jeje

    _alba penas_

    ResponderEliminar
  10. Anónimo3/2/09 12:40

    eu vou apostar por o michel salgado do equipo, ese xa veterano lateral chamado tono.a Haber se se anima cun disparo lonxano ou nun corner, animo panucci

    ResponderEliminar
  11. Anónimo3/2/09 13:43

    Eu vou apostar polo meu compañeiro de klase e e alex.SERGIO MACEDA

    ResponderEliminar
  12. Anónimo3/2/09 15:25

    Moi ben. Parece que esto se anima. E non contaba eu cun apoio. Igual se me pasou contarvos que non valen os goles en propia meta. Bueno, de calquera xeito, o noso intrépido apostante non deixou o nome (aínda que o sospeito). Mentres tanto, estou dobremente protexido, para non pagar unha caña.
    En breve, fago o primeiro reconto e dígovos como vai a cousa.
    Saúdos.
    -Tono-

    ResponderEliminar
  13. Anónimo5/2/09 15:26

    Eu aposto tamén por Alberto Cordido. Ogallá a estrea do Zahorra lle cadra nos seus turnos por estas terras.
    - Vanessa-

    ResponderEliminar
  14. Anónimo6/2/09 15:55

    Eu como non...aposto polo meu irman MICHO!!!
    :) Marga :)

    ResponderEliminar
  15. Anónimo9/2/09 18:51

    COINCIDO CON TODOS QUE ESTO VAI COLLENDO AIRE. QUERIA PROPOÑER ALGO SE É POSIBLE...TENDO EN CONTA QUE NO FUTBOL O QUE MENOS POSIBILIDADES TEN DE MARCAR UN GOL É O PORTEIRO, PROPOÑO QUE:

    SE O PRIMEIRO GOL QUE MARQUE O SANTISO TEN QUE CHEGAR DENDE O PTO DE PENALTI, PROPOÑO QUE O TIRE CHARLY PARA QUE TEÑA TAMEN A SUA OPORTUNIDADE. UN SAUDO

    ResponderEliminar
  16. Anónimo9/2/09 19:16

    Aposto por Jose (do Padrón) para q lle pague 2 a Nati
    -Nuria, a auxiliar de Nati-

    ResponderEliminar
  17. eu voto polo meu churri!!!jajaja.a esperanza é o ultimo q se perde...
    Vir(de Agus)

    ResponderEliminar
  18. euc aposto por jose ocentral, que vai meter como sexa, en son jose e aposto pormin, aiqueda eso...

    ResponderEliminar
  19. Nós votamos por Jose Penas... que estamos seguras da sua favorable evolución dos últimos meses... Confiamos en ti, Jose!
    Esperamos esas cañas & tapas!jiji
    (Monic & Bet)

    ResponderEliminar
  20. eu apolo cismon mais cismon do mundo

    ResponderEliminar
  21. yo por manolo que "corre" mucho

    ResponderEliminar
  22. Deixade os nomes ou, cando menos, algún apelativo que vos identifique, senón corredes o risco de quedar sin caña!.

    ResponderEliminar