Xa se sabe que con axuda todo é máis doado, por iso algúns xogadores da UD Santiso imos colaborar con Tono na realización deste blog. Tentaremos actualizalo con máis frecuencia para que a nosa presencia na rede de redes non caia no olvido.
Agora mesmo, moitas son as cousas que teriamos que contar para poñernos ó día. Pero de momento, imos comezar por facer un resumo do que foi a pasada liga e despois falar de como se plantexa a vindeira.
Alá polo mes de marzo remataba a liga 08-09. Unha liga que ó comezo denominabamos de transición. De transición posto que nos mudabamos para o campo do Golada co fin de que nos arreglasen o noso. Sabiamos do perigo que isto conlevaba, o "Zahorra" fora o noso fortín nas últimas ligas, onde conseguiamos a maior parte dos nosos puntos e tiñamos medo de perder este "factor campo". Pero non foi tal, acomodámonos bastante ben na area do municipal de Agolada e deixamos escapar poucos puntos coma locais. Esto debémosllo en gran medida á nosa afección que nos fixo sentir coma na casa. Así foi como incluso aumentamos os puntos acadados ó final da tempada con respecto ó ano anterior. Un total de 37 puntos que nos permitiron quedar a 4 puntos do 6º clasificado. Co cal pódese dicir que ata as últimas xornadas tivemos aspiracións de xogar a copa da UEFA (ou a Europa League, como queirades!). Ja, ja, ja!
En liñas xerais salientar que nos foi mellor na primeira volta ca na segunda, e que os nosos grandes defectos seguen sendo: a dificultade á hora de perforar a meta rival e a nosa febleza xogando como visitantes. Na marxe dereita tedes a listaxe de goleadores actualizada.
As vacacións futbolísticas comezaban con moito ánimo e ilusión, o novo campo xa ía collendo cor. Por outra banda os resultados acadados na temporada de "transición" foran mellores dos esperados e invitaban a pensar que na vindeira liga se podía loitar por postos máis perto da cabeza.
Todo este optimismo estase evaporando unha vez que o verán vai pasando e non se conseguiron ningún dos dous obxetivos básicos e primordiais que se pretendían: ter un adestrador e ter un campo. Así é que o comezo da liga está próximo e a UD Santiso segue sen ter nin un campo no que adestrar e xogar, nin tampouco un adestrador que nos dirixa.
Esperemos que a situación cambie pronto. De momento, olvidámonos dos problemas e disfrutemos ó máximo da festa do río na Cornella. Vémonos alí!
Aupa Santiso!!!
esperemos que polo menos, xa q non hai campo nin adestrador, a ilusion e as ganas dos xogadores seguen sendo as mesmas.....pola miña parte a afeccion seguirá botando!!!animo campions!!!
ResponderEliminar__ViR__