Como xa comentou Agus na anterior entrada, o blog vai ter caras novas para botar unha man sempre que se necesite. Este é o caso, xa que o pasado domingo 30 de Agosto, mentres en Melide se disputaba un apaixoante Cire-Toques (con resultado de 1-0 para os de Melide), no que foi a nosa casa o ano pasado, na Golada, disputouse o primeiro amistoso da U.D.Santiso nesta pretempada. O resultado claro para os da Golada, 3-0, ó descanso chegouse con 1-0 pero na segunda mitade chegaron dous goles máis pero hai varios datos que nos deben alentar para realizar unha campaña ilusionante para o noso equipo. Primeiramente hai que recordar que xogamos ante un equipo que este ano vai competir na segunda rexional, segundo, o equipo presentouse con numerosas baixas (Charly, Agus, Tono, Humberto, Alberto Cordido, Alfonso, ademais das novas incorporacións, deixamos este apartado aberto para cando sexan oficiais comunicalas nesta nosa páxina), esto provocou que certos futbolistas xogaran en posicións non acostumadas para eles como foi o caso de Monchito e Michel que xogaron de centrais durante a segunda parte e tamén un servidor tivo que poñer os guantes durante os segundos 45 minutos por un dolor que sentiu Ramón no primeiro tempo tras unha boa parada a bocaxarro nun corner e por último, o equipo non entrenou prácticamente en todo o verán. Por todo isto, coido que o resultado non estivo tan mal, o equipo puido marcar algún gol por medio de Alex ou Manuel e Alvaro cos seus “eslalons” sacou algúns olés da nosa querida afición que unha vez máis se desplazou á Golada para animarnos.
A tempada comenzará este ano o día 4 de outubro, no noso feudo (esperemos que esté completamente listo para a fecha) contra o Callobre (novo equipo da categoría). Vai ser unha tempada corta debido a que só participarán 12 equipos debido as retiradas do Rodeiro e do Atlético Melide, debido a esto e ó ascenso do Golada este ano quedaremos sen derbi pero as ganas de ganar e facer unha boa tempada son as mesmas.Volveremos informar cando se produzcan novidades, un saúdo e forza Santiso!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
QUEN SON ESAS NOVAS INCORPORACIONS? PODE SER CHARLY, EX-CIRE
ResponderEliminarquen leva este blog ?
ResponderEliminar