Novo domingo de inverno o que tivo que sufrir o Santiso na súa visita a Vila de Cruces, o frío, vento e chuvía acompañaron todo o encontro, sen embargo, neste caso, a climatoloxía non tivo que ver no resultado final.
O Santiso forma con un equipo inicial novidoso xa que o adestrador aposta por xogar con cinco xogadores no centro do campo para gañar superioridade nesa zona debido ás grandes dimensións do terreo de xogo. A maniobra saiu case perfecta para o míster, o resultado final empate a 2, que sabe a pouco para o equipo.
O partido ponse de cara para a UD case que dende o inicio, Alberto Monchito culmina unha gran xogada colectiva do Santiso e pon o 0 a 1 no marcador. Ó descanso chégase con este resultado tras marrar o equipo local un penalti inexistente e tras un golpe sufrido por Tono nun choque fortuito que provocou a súa saída do terreo de xogo.
O equipo recomponse como pode e Manuel pasa a xogar de lateral dereito, labor compricada que saldou meritoriamente. Outro gol tempraneiro na segunda parte, ésta vez por parte de Alex, que como prometeu anotou contra o Cruces, permitiu poñer o 0 a 2. Nese intre, o Cruces boutese arriba na busca do empate e o Santiso puido matar o partido con dúas contras de Alberto Cordido e do propio Alex. O que perdoa acaba pagandoo, e desta vez tamén foi así; neste caso de forma cruel para o Santiso. Dúas faltas ó borde da área, a primeira delas inexistente, convertironse en gol tras golpear na barreira e sorprender ó porteiro visitante. Con todo, o Cruces puido conseguir un terceiro gol pero o remate a porta valeira foise fóra para alivio da parroquia do Santiso. Sería inxusto que o equipo perdese o partido. Finalmente empate e a sensación, como en Prevediños, de que se escaparon 2 puntos.
O Santiso formou con Dani na portería, Tono, Moncho, José e Javi na defensa, Sergio, Alberto Monchito, Agustín, Manuel e Alex no medio e Micho arriba. Tras o golpe de Tono, Alberto Cordido pasou a xogar no medio e Manuel no lateral como comentamos. Tamén xogaron na segunda parte Jose do Padrón, que volveu trala súa escordadura de nocello e Humberto.
Confirmar dende aquí que o golpe de Tono non foi a máis e este fin de semana estará a disposición do míster para volver a correr a banda como nos ten acostumados.
Para rematar comentar que o vindeiro partido xogarase ó próximo Sábado ás 4.30 da tarde contra o Berres, adiantase o partido tras petición do equipo visitante. O equipo agarda unha boa presencia de aficionados e a primeira victoria do mes de Decembro.
Un saúdo e forza Santiso!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
buenas,destacar a boa cronica de dani,seria mui inxusto perder peo levamonos 1 punto,este sabado ai ke gañar e empezaar ben o mes,eu tamen agardo unha boa presncia de afecionados animadevos a vir.ah non me acordaba de destacar o partidazo de dani o domingo na porteria,xa que esa non e a sua posicion peo el cumpre en todalas posicions.veña 1 saudo e AUPA SANTISO
ResponderEliminar