lunes, febrero 03, 2014

Santiso 0 - Bandeira 1

A segunda volta non puido comezar de peor maneira para o Santiso, os tres puntos fuxiron do Novo Zahorra nun encontro no que os locais nunca se sentiron cómodos e o Bandeira aprobeitou para vencer o partido pola mínima. 
 
Polo equipo xogaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Iván, Luis, Borja, Fer e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade interviron Javi, Rober, Nacho e David en sustitución de Iván, Dani, Luis e Bruno.
 
Dende o inicio veuse que os visitantes estaban mellor plantados no terreo de xogo e pronto dispuxeron de ocasións de gol que só a falta de acerto e Charli evitaron que o marcador se movese a prol dos foráneos. Cando xa se acercaba o descanso, os visitantes conseguiron adiantarse nun remate de falta tras un saque dende o curruncho. Neste primeiro acto, os locais tiveron as oportunidades máis claras por parte de Manolo nun par de remates que se foron fóra.
 
Na segunda metade, o Santiso cambiou algo a imaxe e inda que non despregou un xogo moi vistoso, si tivo o dominio do partido e dispuxo de grandes ocasións de acadar cando menos a igualada. Alex cun remate de cabeza e Fer cur disparo coa perna dereita dispuxeron de boas oportunidades de gol que o gardameta visitante evitou con dúas eficaces paradas. Cerca xa do remate, un disparo de Rober dentro da área escapouse alto no que foi quizais a opción máis clara de sacar algo positivo do choque. Co pitido final frustrouse unha gran oportunidade de manterse nos postos máis altos da clasificación. Á derrota hai que sumarlle as lesións de diferente consideración de Charli, José e Bruno no que foi sen dúbida un domingo negro este inicial de febreiro.
 
Agardando a pronta recuperación de todos os mancados, o equipo desplazarase a Cruces a vindeira xornada na búsqueda de tres puntos que devolvan a confianza ó plantel.
 
Un saúdo e forza Santiso!! 

2 comentarios:

  1. Anónimo3/2/14 23:31

    Moi ben fedelliño. Un domingo nejro penso eu. Hay que levantar a moral e a partir de domingo dalo todo. Un saludo e aupa santiso.cr6

    ResponderEliminar
  2. Un duro golpe para o Santiso xa que por unha parte escaparon tres puntos importantes para acabar nos postos de promoción e por outra parte houbo baixas importantes. Pero un equipo é grande cando é capaz de recuperarse destes golpes e se levanta aínda máis forte... Vamos Santiso!

    ResponderEliminar