Desafortunadamente chegou o primeiro traspés para o Santiso nesta tempada. Derrota por 3 goles a 2 fronte ó Agrón, ó mellor equipo sin dúbida dos quese leva enfrontado a U.D. neste curso.
Moitísima calor a que agardaba a ambos equipos o pasado domingo, nun día máis ben de xullo ou agosto que de outubro. O esforzo físico do plantel foi incomiable e inda que os locais foron algo superiores, o Santiso estivo a piques de sacar algo positivo. A tarde xa non comezaba con bo pé, xa que na autovía que une o aeroporto con Santiago o autocar que trasladaba o equipo sufría un rebentón nunha roda o que supuxo unha pequena perda de tempo e tamén un trasbordo ata outro autocar. Os amigos de tráfico tamén estiveron con nós pouco despois do percance.
No meramente deportivo, o once inicial dos visitantes foi o composto por Ivan na portería, Ismael, Tono, Dani e Alex na defensa, Roberto, Micho, Kike e Fran no medio do campo, Javi de Ourense de enganche e arriba Manolo. Tamén actuaron Javi Ministro, Manuel, Javi de Liñares (última incorporación deste ano), Jose do Padrón e José de Trebolo por Ismael, Dani, Micho, Javi Ourense e Roberto respectivamente.

O Agrón saliu a por todas e comezou a atacar e presionar dende o primeiro minuto, conseguiu adiantarse nunha xogada pola banda dereita na que o Santiso non tirou ben o fóra de xogo. Pouco despois conseguíase a igualada por medio de Kike de remate de falta. Este gol veulle moi ben ós visitantes pois acalmou algo os ánimos dos locais. Con unha boa parada de Iván nun remate dende fóra da área chegouse ó descanso.
Na segunda parte, o partido seguiu polos mesmos derroteiros, un Agrón presionante e un Santiso defendendose como podía sen renunciar ó ataque. Tal foi así que nunha imprecisión entre a defensa e porteiro locais permitiu a Manolo facerse co balón e anotar o 1 a 2. O malo foi que inda restaba moito para o final do choque e o Santiso non puido aguantar o empuxe dos locais. A gran oportunidade para o equipo tivoa Roberto que puido conseguir o 1-3 pero o balón foise alto, na xogada seguinte o Agrón acadou o empate a 2. Foi un duro golpe para os visitantes que recibiron máis tarde o terceiro. Co partido perdido, o Santiso botouse arriba deixando descoidada a parte de atrás; nese intre, o partido púsose tolo e o gol puido chegar por ambos bandos, Ivan desbaratou algunha ocasión local moi clara e por parte do Santiso con sendas oportunidades de Fran e Manolo; a deste último, moi clara cun remate que petou no longueiro e botou na liña de gol pero o marcador xa non sufreu ningunha variación.
Derrota das que non deben doer xa que o equipo douno todo no terreo de xogo e a pesar de ser inferior ó rival plantouse cara en todo momento.
Próxima cita este domingo no Novo Zahorra contra o Camporrapado, un dos invictos da categoría, así que non será fácil. Agardemos que perdan o seu primeiro partido…
Un saúdo e forza Santiso!!

Mui boas kronicas dani aer se nn as ven os do marca ke se nn xa te contratan jej.wen o domingo ai ke gañar e eskecer a derrota do domingo,o PARTIDO SERA O DOMINGO AS 16:30 ESPEREMOS KE A AFECCION RESPONDA KOMO O FIXO ATA AHORA.1SAUDO E AUPA SANTISO:ALEX
ResponderEliminarXa que perdeu o Deportivo, a ver se ganamos nós!!
ResponderEliminarSe non perdera, tamén ibamos querer a victoria igualmente...
Veña rapaces, que mañá ganamos!!
__Fran