martes, octubre 25, 2011

Nova Derrota

Tras un inicio brillante, o Santiso vaise apagando nesta tempada e sumou o cuarto partido perdido da liga. Foi ante o Ortoño por un gol a dous no Novo Zahorra.




Os protagonistas por parte local foron os seguintes; Charli na porta, Isma, Tono, Dani e Javi Ministro en defensa, Roberto, Manuel, Kike e Alex no medio do campo, Micho de media punta e Manolo na punta do ataque. No segundo acto xogaron Fran, Javi Ourense, José Trebolo e Javi Liñares que entraron en sustitución de Manuel, Roberto, Dani e Isma respectivamente.




O Santiso presentabase disposto a lavar a imaxe ofrecida o domingo anterior fronte o derradeiro clasificado. A pesar de non puntuar esta meta logrouse sobre todo na segunda metade. Os visitantes mostraronse bastante seguros atrás e coa clara estratexia de mandar balóns en longo ós atacantes, foron múltiples os fóras de xogo nos que caeron os dianteiros do Ortoño pero cando esta circunstancia non se daba, as ocasións eran moi claras e nunha delas conseguiron adiantarse no marcador. Os locais conseguiron o empate gracias a Manolo que convirteu un saque en longo de Charli nunha ocasión de gol, é unha mágoa que o excelente momento de forma do de Vilar non sexa aprobeitado polo equipo, leva xa 7 goles en 6 xornadas. Así se chegaría ó descanso.




Na segunda metade, o Santiso dispuxo de máis ocasións e quizais tamén de máis dominio, Alex tivo a oportunidade de adiantar ós verdiamarelos pero o esférico non quixo entrar. Minutos despois, os visitantes, nunha xogada calcada ó primeiro gol conseguían o definitivo resultado de 1-2. Alex de novo e Manolo despois puideron conseguir cando menos o empate pero os puntos fuxiron do Novo Zahorra.




O próximo partido será contra ó lider Tordoia en campo foráneo, ogallá demos a sorpresa.




Un saúdo e forza Santiso!!

1 comentario:

  1. boas.ojala ke deamos a sorpresa porke xa son 4 derrotas consecutivas e ai ke kambiar o chip e volover a senda das victorias.kero darlle as gracias a afecion ke sempre ta apoiando vaian bn as kousas ou mal.GRAZAS.1 SAUDO E AUPA SANTISO.Alex

    ResponderEliminar