Esa é a palabra que mellor resume o partido do pasado fin de semana. Ben é certo que o Camporrapado mellorou con respecto a pasadas campañas pero o ambiente auguraba unha victoria que nos colocaría na zona noble da clasificación. Non foi así, os visitantes levaron os tres puntos do Novo Zahorra tras vencer por cero goles a dous.
Os protagonistadas do encontro por parte do Santiso foron os seguintes; Ivan na portería, Isma, Tono, Dani e Javi Ministro na defensa, Roberto, Micho, Manuel e Alex no medio, Fran na media punta e Manolo arriba. Na segunda metade participaron Javi de Liñares, Charli (que o fixo de dianteiro), Javi de Ourense, Jose do Padrón e José de Trebolo que entraron por Micho, Roberto, Dani, Alex e Manuel respectivamente.
Foi un partido bastante parexo na primeira parte, ningún dos dous equipos acadou ocasións claras de gol, polo Santiso Manolo tivo a máis clara nun remate centrado que despeixou o gardamallas visitante.
Chegamos así a segunda parte e cada vez a sensación máis clara de que o primeiro que anotara un gol se levaría o partido. Mediado o segundo acto, Dani non foi quen de despexar un balón no medio do campo o que permitiu o Camporrapado facerse co esférico e con ventaxa númerica ante a defensa local, conseguían batir a Iván. Neste intre, o Santiso empezou a xogar cunha defensa de tres buscando o empate pero os espacios atrás fixeronse máis grandes e nunha contra chegou o segundo.
Agradecer unha vez máis a afición a boa entrada no Novo Zahorra, lástima non poder agasallala con unha victoria. Agardemos conseguila o próximo domingo a domilicio contra O Xa Chegou, que a pesar de ir de pechacancelas non será fácil, o último partido perdeu cun marcador apretado fronte un dos importantes da liga polo que haberá que estar concentrados.
Un saúdo e forza Santiso!!
anonimo non foi unha dececion hay dias malos que tamen os teñes os equipos grandes. hay dias que entra calquera tiro e outros non hay huevos a metela. animo que esto non fai mais que empezar un saudo e forza santiso
ResponderEliminar