martes, septiembre 27, 2011

Estrea local victoriosa

Segue a boa racha nesta nova campaña, 2 de 2, victoria por dous goles a un fronte o Trazo. O Santiso sitúase con 6 puntos en dúas xornadas tras un gran inicio de campionato.


Os locais mereceron a victoria ante un correoso Trazo que vendeu cara a derrota. Polo Santiso actuaron Charly como gardamallas, Ismael, Tono, Manuel e Alex en defensa, Roberto, Micho, Kike e Jose do Padrón no medio do campo, Fran na media punta e Manolo no ataque. Tras o descanso entraron Dani por Micho, Javi por Roberto, Luis por Manuel, Javi de Ourense por Fran e José deTrebolo por Jose do Padrón.


O partido inizouse con dominio alterno e ningún dos dous equipos parecía ter o control do choque. Serían os locais quen inaugurarían o marcador mediada a primeira parte, Manolo sorprendeu o gardameta visitante que estaba algo adiantado con un remate dende fóra da área. Tras o gol, os locais relaxaronse un pouco e o Trazo comezou a atacar; froito dunha boa combinación anotaron o empate antes do tempo de lecer.


Na reanudación, o Santiso saiu máis motivado e puido marcar en varias ocasións, sobre todo por parte de Kike que rematou ó poste un testarazo nun corner e tamén por parte de Manolo que dispuxo de dous man a man fronte o porteiro do Trazo que non soupo resolver. Sen embargo, o pichichi non podía quedar sen anotar o seu segundo tanto e conseguiríao logo dun pase de Tono; o esférico quedou perfecto para enganchar un gran remate coa perna dereita que facía o definitivo 2 a 1.


O Trazo buscou o empate nos minutos finais e puido conseguilo pero Charli estivo espléndido para desbaratar a oportunidade visitante. Tocou sufrir como soe ser habitual nos finais dos encontros do Santiso pero a victoria non se escapou do Novo Zahorra.


O próximo partido será lonxe de Santiso contra o Agrón, un rival complicado que ata fai dous anos militaba na segunda rexional.


Un saúdo e forza Santiso!!

5 comentarios:

  1. Boa crónica Dani. Gustoume aínda máis transformando o meu rexeite nun pase de gol, jeje!. A insistencia tivo froito, e este Manolo está que se sae.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa Santiso! E sobretodo a ti Dani, que sempre sacas un oco de tempo para narrar cada partido no blog. A seguir así rapaces!

    ResponderEliminar
  3. Un gran partido loitado ata o ultino segudo pero xa hai que pensar no Agrón, hai que manter a racha.Dani estas a facer un gran traballo co blog Un saudo (Ramón)

    ResponderEliminar
  4. Felicidades polo partido. Desexando que este ano sexa un bo ano do santiso e tamen para informar que o noxo blog volve a estar operativo coa novidade de q podedes consultar todas as noticias do blogue atraves dos terminais mobiles, gracias a creación dun novo diseño para que a lectura sexa mais facil. Un ha apertaaa

    ResponderEliminar
  5. Agradecido polos comentarios rapaces!! Tono, non quedaramos en que era un pase? Jeje. Agús esperamos verte pronto polo Novo Zahorra!!
    Saúdos.
    Dani

    ResponderEliminar