martes, octubre 18, 2011

Accidente

Visitaba o Santiso ó pechacancelas da clasificación, O Xa Chegou; polo que se presaxiaba unha victoria cómoda. Nada máis lonxe da realidade, os locais lograron a súa primeira victoria da tempada por tres goles a un.


O once inicial do Santiso foi o composto por Charli na porta, Javi de Liñares, Tono, Manuel e Ismael en defensa, Jose do Padrón, Luis, Kike e Alex no medio, Fran na media punta e Manolo no ataque. Na segunda metade entraron Roberto por Jose do Padrón, Ivan (que pasou a portería e Charli ó ataque) por Javi Liñares, Javi Ourense por Luis e José de Trebolo por Alex.


Quizais con un exceso de confianza entraron os visitantes no partido, é inda máis, cando unha cantada escandalosa do porteiro local permitía a Manolo anotar o cero a un cando apenas se disputaran cinco minutos. A relaxación apoderouse do Santiso e os locais comezaron a ter oportunidades; nunha delas conseguiron o empate antes do descanso.


Tras o tempo de lecer, máis do mesmo, un Santiso que tiña algunha que outra ocasión pero as máis claras viñan polo lado santiagués en numerosas contras; así chegou o segundo e despois o terceiro. Non foi sen dúbida o mellor dos encontros por parte do Santiso, esperemos que poidamos aprender da derrota e volver á racha de triunfos que conseguimos non fai tanto tempo.


A primeira oportunidade de resarcirnos, este domingo no Novo Zahorra contra o Ortoño ás 4.30 da tarde. Hai que animarse equipo!!


Un saúdo e forza Santiso!!

5 comentarios:

  1. oa,o domingo foi unha derrota dolorosa polo ke esta domingo ai ke gañar pa olvidar a derrota do domingo.O PARTIDO SERA O DOMINGO AS 4:30 NO KAMPO DO SANTISO ESPERAMOS KE A AFECION RESPONDA KOMA SEMPE.UN SAUDO E FORZA SANTISO

    ResponderEliminar
  2. wenas averda ek si..vaiaaaa derrota pero weno ai k animarse pa k o santiso volva a gañar de novo..pero weno apesar de perder tamen se puido perder algun punto do carne de conducir xa que alex avisou a dani k abia algun radar polo camiño d volta a casa!!!jej weno animar a afcion k wña ver o proximo partdo como fixo ultimament..k se xogara na kasa.1saúdooO e forzaa SantiSOO.e pepararse pa gañAAAAAr!!!!

    ResponderEliminar
  3. a vida e moi durisma pero bueno haber si domingo non perdonamos e collemos algo de confianza un saludo e forza santito, ah! e hala madri

    ResponderEliminar
  4. Gracias avisar Alex, senon Ramón ia estar sin puntos. De todas formas o radar saltou igual, a ver se non lle chega a multa!! jeje.
    Alex, Roberto e Manolo poñede os nomes o final do comentario! Ou equivocome dicindo que sodes vos??
    Saúdos
    Dani

    ResponderEliminar
  5. creo k non te ekivokas Dani...weno aver se te sorte RAmon e non lle chega a multa!!!!jej per weno centrarse no partido do domingo k ai k GANAAAAR como sea..1saúdO e ForZAA SANTISOo!!RoBERtO

    ResponderEliminar