jueves, enero 26, 2012

Partido para esquecer


A pesar de que as porterías eran "pequenas" o Santiso non puido evitar a derrota clara na visita a Trazo. Catro goles a cero para os locais que se mostraron claramente superiores.


Pola U.D. xogaron Charli en portería, Javi Liñares, Tono, José e Isma na defensa, José de Trebolo, Kike, Javi Ministro, Alex e Fran no centro do campo con Manolo arriba. Na segunda metade, Javi Ourense entrou por Javi Liñares.


Non foi sen dúbida o día para os visitantes, só a grandísima actuación de Charli axudou a que ó descanso se chegara co marcador de 1-0. E é que o noso gardameta sacou ata catro man a man no primeiro acto. Na area local só foi destacable un posible penalti sufrido por Manolo.


Tras o tempo de lecer, as cousas non variaron desgraciadamente para os intereses do Santiso e pronto recibeu o segundo gol, algo que afectou en exceso á moral do equipo e que supuxo que caeran outros dous tantos máis antes do remate do choque, aínda así, Charli de novo tivo unha actuación destacada.


Ás veces saen partidos así, o positivo é que este domingo temos a oportunidade de resarcirnos, visita o Novo Zahorra o Agrón, un dos equipos de arriba.


Por certo, para ós que non conozcades ós da foto, son Alex que está medindo a portería e Isma que xa debía notar que o partido non ía ser moi plácido...


Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Boas a tods. N primeir lugr felicitr una vz mais a Dani plo seu xcelent comntario, pois nn faya una semna. Do partid resaltr a actuacion d Charlie, k foi o unik k, n mia opinion, mrece tal recoñecement. Aoa toka erguer a kabeza e intntr knsguir a vitoria ant o Agron. Saudos a tods e Animo santiso!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola que hay. partido nunha braña. muy ben esplicado dani.haber domingo contra o agron. cr6

    ResponderEliminar