jueves, marzo 03, 2011

Punto escaso

Volveu tropezar o Santiso na mesma pedra outra vez, non foi quen de vencer a un Bandeira que foi inferior no xogo pero contou coa actuación dun gardameta que non deixou entrar ningún gol a prol dos locais. Empate a cero goles para un Santiso que sin dúbida mereceu moito máis.
O equipo xogou con Charli en porta, Tono, Manuel, Dani e Kike en defensa, Luis por diante, Agustin, Micho, Monchito e Alex no medio con Manolo arriba. Tras o descanso entraron José por Luis, Bruno por Alex, Juan Alberto por Micho, Roberto por Dani e José de Trebolo por Agustín.
Na primeira metade non houbo demasiadas ocasións de gol pero as que existiron foron a favor do Santiso por medio de Monchito que rematou alto un lanzamento dende dentro da área e tamén por parte de Alex que non foi quen de batir ó gardaredes visitante.
No segundo tempo chegaron innumerables ocasións para os locais por mediación de Manolo, Alex, Agustín e Roberto pero inda que nalgún caso foi por partida doble o esférico este pasado domingo non quixo entrar. A máis clara foi sen dúbida un remate de cabeza de Agustín que desbaratou o porteiro do Bandeira cunha estirada prodixiosa. Resaltar o bo traballo feito en defensa polo equipo, xa que o Bandeira apenas dispuxo de oportunidades.
Rematado o ciclo do equipo co que menos lle gusta xogar ó noso gran capitán Tono, toca enfrentarse a outro que personalmente tampouco me chista moito, sobre todo pola gran viaxe. O domingo de Entroido toca visitar ó Tabeirós, a ver se o Santiso consegue arracar algo positivo do feudo dos segundos clasificados.
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Tes razón, Dani, que ir a Tabeirós tampouco é que sexa para facer unha festa... A ver se desta vez, ademais de visitar ó noso vello amigo Pipo nos traemos algún puntiño para Santiso.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo5/3/11 20:32

    o problema non che e pipo que ese xa non xoga , o problema eche a rubia que teñen ali detras que e meis falsa cas pedras do rio. un saludo central. do 9 do santiso

    ResponderEliminar