jueves, marzo 10, 2011

Derrota sin paleativos

O Santiso non foi quen de sacar nada positivo na sempre complicada visita a Tabeirós. Finalmente o encontro rematou con 3 goles a cero para os locais e inda que sexa un resultado un pouco abultado a verdade é que o Tabeirós mereceu vencer o partido.
No Santiso formaron Charli baixo os paus, Tono, Dani, José e Kike en defensa, Manuel por diante, Agustín, Micho, Monchito e Alex no medio do campo e Manolo na punta de ataque. Posteriormente na segunda metade entraron no partido Fran por Micho, Roberto por Manuel e José de Trebolo por Alex.
A primeira parte foi bastante meritoria para os visitantes, tiveron algún que outro apuro en defensa pero conseguiron aguantar coa portería a cero, en ataque Manolo dispuxo dunha gran ocasión nun remate de cabeza que o gardameta local desviou a corner.
O encontro na segunda metade non empezou mal de todo tampouco para os visitantes que dispuxeron dun par de saques de esquina consecutivos a favor. Pero o partido pechouse cando os locais anotaron o primeiro gol, xa que non houbo capacidade de resposta por parte da U.D. Peor se poñían as cousas cando tras unha falta directa o segundo subía o marcador. O terceiro gol, xa no desconto, firmaba un marcador demasiado cruel para un Santiso que inda que non mereceu gañar tampouco tanto castigo.
A próxima xornada visita o Novo Zahorra o Prevediños, equipo que a pesar de estar na zona baixa sempre lle dá problemas ó Santiso. Agardemos que desta vez o triunfo quede na casa que xa son horas!!
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Wenas..xa ai tempo k non fago 1 visita por aki!!!jaj weno dani k seria a pagina do santiso se ti non comentas os partidos..buf seria uns desastre!!!!jajaj wen ai k decir k o 2 gol do berres saira a pelota completamente pa fora da línea e o árbitro non pitou fora e conseguiron anotar o 2 gol...ek o santiso NUNKA ye axudan os árbitros!!!!!xke seraaaaa???jaj wen 1 sAudoOO e ForzAAA SanTisOOOO..RoBERto.

    ResponderEliminar
  2. Wenas teño k decir k este comentario seria do partido do berres pero claro non sei en k estaba pensando....jaj vñaa 1 saudO e forzaAA SantiSooO.RObErtO.

    ResponderEliminar