miércoles, enero 27, 2010

Derrota inesperada

Chegou o Santiso con numerosas baixas ó choque disputado en Lalín contra o Balouta, o que provocou que Sandá improvisara unha aliñación moi novidosa; a saber, Charly en porteria, unha defensa composta por Dani no lateral dereito, Tono e Alvaro de centrais e Javi na banda esquerda, unha liña de catro no medio con Sergio na banda dereita, Alex na esquerda e no medio Monchito e Micho, xogando en ataque Manolo e José.
A pesares de que varios xogadores non se atoparon donde acostuman, o equipo fixo unha primeira parte meritoria xa que tras un inicio dubitativo nos primeiros dez minutos, o equipo comenzou a combinar ben e deste xeito chegou o gol de Manolo.
Con 0 a 1 a favor e coa sensación de facer as cousas ben chegouse ó descanso, algo que máis tarde se vería que non sentou nada ben ó Santiso. Nada máis comezar o segundo tempo, unha serie de rexeites provocaron a igualada no marcador e casi sen asimilar o empate, o Balouta facía o segundo nun saque de esquina. Todo o traballo feito no primeiro acto tirado por terra en apenas 5 minutos.
Costoulle reaccionar ó equipo pero inda así puido empatar nunha boa internada pola banda de Alex que Sergio non puido rematar coa porta xa vacía. Posteriormente, Jose entrou por Micho e colocouse arriba no ataque subindo Alvaro a súa posición o medio do campo quedando o equipo con unha defensa de só tres xogadores. A estratexia non conseguiu os froitos agardados e o equipo recibiu o terceiro gol nunha contra.
Terceira derrota consecutiva para a U.D. que agardará volver a senda da victoria o próximo domingo no Novo Zahorra frente ó Gresande.
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. O venres pasado comentamos no adestramento que nos faltaban algúns datos referidos ós cambios para completar as estatísticas da tempada. Aquí vos poño os cambios que me faltan por rexistrar confiando na vosa memoria (falta por saber algúns dos xogadores sustituídos):

    1. Xornada 8. Santiso 1 - Silleda B 2 (http://udsantiso.blogspot.com/2009/11/non-puido-ser.html).
    Entradas: Manuel, Agustín, Sergio e Humberto
    Saídas: Dani e José

    2. Xornada 9. Cruces 2 - Santiso 2 (http://udsantiso.blogspot.com/2009/12/sabor-agridoce.html)
    Entradas: Alberto Cordido, Jose e Humberto
    Saídas: Tono

    3. Xornada 10. Santiso 6 - Berres 1 (http://udsantiso.blogspot.com/2009/12/xogo-set-e-partido-para-ud-santiso.html)
    Entradas: Javi, Jose e Álvaro
    Saídas: Alfonso

    4. Xornada 11. Bandeira 1 - Santiso 0 (http://udsantiso.blogspot.com/2009/12/derrota-pola-minima.html)
    Entradas: Alberto Cordido e Manolo
    Saídas:

    ResponderEliminar
  2. Pouco podo axudar pola miña parte pero penso que no partido contra o Berres os dous sustituidos que faltan son Sergio e Michel. En canto ó partido do Bandeira lembro que un cambio foi por José. Esto é o pouco que podo aportar...

    ResponderEliminar