miércoles, enero 20, 2010

K.O.

A visita do Piloño ó Novo Zahorra non deixou títere con cabeza... Impúxose ó equipo local por 0 a 5 con relativa facilidade, demostrando porque é o primeiro clasificado do grupo 11 da terceira autonómica.
O partido foi dominado polos visitantes xa dende o inicio, pese a iso, o Santiso aguantou como puido a embestida e chegou co resultado de cero a cero ó descanso. En cambio, na segunda metade os de Piloño aproveitaron todas as ocasións que erraran no primeiro tempo.
Xogaron de inicio: Charli na portería; Manuel, Tono, Dani e Javi na defensa; Sergio, Micho, Agus, Monchito e Alex no medio; Michel adiante. Foron trocados Micho, Sergio e Dani por Manolo, Jose e José.
Hai que salientar que ningún dos dous equipos fixo un xogo bonito, ó contrario, houbo moito balón aéreo. Condición que o Piloño sabe aproveitar moi ben, xa que ten un equipo moi forte físicamente (e de calidade tampouco andan mal). Como dicía Tono no vestiario unha vez rematado o encontro: "de vez en cando está ben que pase un equipo destes por aquí, son un espello no que mirarse... saltan como cabalos, corren o dobre ca nós... chegan á nosa área en bandada!!"
Que razón ten, o ano pasado este equipo andaba pola metade da táboa coma o Santiso, e cunhas cantas fichaxes e sobretodo cunha gran preparación física mira onde están este ano. Así que... mirémonos neste espello e fagamos o mesmo!! Arriba Santiso!
O próximo domingo...Balouta!

3 comentarios:

  1. é que o Tono é un filósofo.
    Ánimo, Santiso!

    ResponderEliminar
  2. Tono ten as canas da esperiencia, hay que facerlle caso!!!
    Pouco e pouco xa iremos mellorando!!!

    ResponderEliminar
  3. Un ciclón pasou polo Novo Zahorra Stadium que fixo anicos ó Santiso, esperemos que o tempo cambie! Forza Santiso!!

    ResponderEliminar