Primeiramente compre facer unha pequena referencia ó triangular disputado o 26 de decembro entre a U.D. Santiso, o equipo dos veteranos da U.D. e un combinado formado pola afición que unha vez máis se comportou de 10. Moita afluencia de público e sobre todo ganas de pasalo ben foron as constantes durante a tarde que se prolongou ata ben entrada a madrugada no pavillón polideportivo da Ponte tras a degustación dunha cea e recollida de trofeos incluida. O peor o frío, polo que unha segunda edición sería agradable poder celebralo na primavera ou no verán.
Pronto chegou o 2010 e con el a primeira victoria para o Santiso, 1 a 0 frente o Camporrapado. Non foi o mellor dos partidos para o equipo, inda que se crearon ocasións para anotar máis goles, o certo é que o equipo visitante tamén tivo algunha que outra ocasión sobre todo na primeira metade.
O equipo xogou con Dani en portería, Javi, Tono, José e Moncho en defensa, Sergio, Agustín, Monchito e Alex no centro do campo, con Michel e Micho en punta. No segundo tempo entraron Manuel, Manolo, Jose e Alberto Cordido.
O gol chegou no primeiro tempo tras unha internada de Alex pola banda esquerda que centrou para que Michel rematase de cabeza o que sería único gol do partido. O propio Alex tivo unha ocasión para marcar o segundo pero o porteiro visitante parou o tiro tras unha magnifica xogada individual. Micho puido marcar tamén un moi bo gol cando o resultado era de cero a cero ó rematar de tacón pero de novo o porteiro visitante detivo o tiro. Na segunda metade, Jose e Manolo tamén puideron anotar pero o marcador non se moveu.
Puido ser a resaca das festas navideñas ou do triangular disputado o día 26 o que influiu na falta de gol pero ó final conseguironse tres puntos, que é realmente o que importa e consolidado na sexta praza, o equipo buscará o vindeiro domingo dar a campanada ganando no feudo do segundo clasificado, o Sporting Estrada.
Saúdos e Forza Santiso!!

Ola.
ResponderEliminar¿Alguén recorda quen foron os sustituídos neste partido?. Saúdos
Boas!!
ResponderEliminarPois se non recordo mal, Jose e Manolo entraron por Michel e Micho, Alberto Cordido entrou por Sergio e Manuel por Monchito.
Saúdos.