martes, agosto 30, 2011

Santiso 5 - Camporrapado 2

Faltan xa moi poucos días para que se inicie unha nova tempada e quedaba pendente a crónica do último partido da anterior. Foi un encontro dominado claramente polo Santiso que sirveu de despedida para un dos grandes xogadores do Santiso, Michel retirouse do equipo despois de 18 tempadas, algo sen dúbida digno de admiración.


A alineación foi a composta por Dani en porteria, Tono, Monchito, Manuel e Kike en defensa, Agustín, Micho, Luis e Alex xogaron no medio do campo e no ataque Michel e Manolo. Posteriormente, José, Javi, Roberto, Bruno e José de Trebolo entraron por Luis, Tono, Agustín, Alex e Michel. Os goles foron obra de Luis por partida doble, Manolo, Agustín e Manuel.


A mediados de setembro iniciase unha nova campaña con novas caras tanto no campo como no banco pero iremolas contanto en futuras crónicas.


Un saúdo e forza Santiso!!

1 comentario:

  1. haber dani, tono e agus hai que actualizar a pajina que o santiso ganou 3-2 no campo do prevediños....... una victoria moi complicada(josérra)

    ResponderEliminar