jueves, enero 20, 2011

Remate da Racha

Acabouse o que se daba, o Santiso perdeu a condición de invicto que mantiña nas últimas 8 xornadas. Foi precisamente ante o último rival que conseguira gañarlle ó equipo donde se produceu esta nova derrota. Sen embargo, o Berres non foi ese rival tan superior como mostra a clasificación, da que é lider destacado, e sufreu para vencer finalmente por cero goles a un.

O Santiso formou con Dani en portería, Tono, José e Agustín en defensa, Luis e Javi por diante, Roberto, Micho, Manuel e Alex no medio do campo e Manolo na punta do ataque. O equipo local saíu sin complexos ante un rival que se supoñía moi superior e aguntou perfectamente os ataques visitantes e mesmo creou algunha oportunidade como un remate de Micho que desgraciadamente atallou o porteiro do Berres. O único gol do encontro chegou nun saque dende o curruncho, o remate incial foi quen de sacalo Alex no fondo dos paus, pero o segundo rexeite convertiuse en gol.
Na segunda parte, Sandá apostou polo ataque entrando Michel por José, tras unha lesión deste último, e posteriormente dando saída a Bruno por Roberto e a Jose do Padrón por Micho. O gol do empate estivo cerca nun gran pase de Javi a Alex pero o porteiro visitante volveu atallar o esférico tras o remate do de Mourazos. Finalmente, chegouse ó final co Berres pedindo a hora, xa que inda que o Santiso non creou moitas situacións de gol, na segunda parte levou o peso do encontro e mereceu o empate.
A pesares da derrota, o Santiso fixo un bo partido como así o recoñeceu a afición que apladeu ós seus no final do encontro. Toca seguir nesta liña e intentar acadar de novo unha racha positiva como a que se frenou nesta pasada xornada. O domingo, o equipo visitará ó Gresande.
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. ai central en ke estarias pensando kand fixexes a alineacion kike nn xogou eh???un saudo e aupa santiso.Alex

    ResponderEliminar
  2. Gracias Alex!! A verdade é que foi un erro polo que pido desculpas e que intentarei que non volva pasar. Polo menos sirveu para que a xente visitase o blog, inda que só fose por ver o erro! jeje.
    Saúdos.

    ResponderEliminar