martes, octubre 26, 2010

Partido Surrealista

Chegou por fin a primeira victoria do equipo, foi ante o Prevediños pero houbo que sufrir, é moito. A crónica deste encontro non se entende sin a aportación dun árbitro que chegou con ganas de ser protagonista e sin dúbida, conseguiuno.
Antes de pasar coa crónica, citaremos o equipo titular; Charly en porta, Agustin, José e Kike en defensa, Roberto, Manuel, Micho, Fran e Alex no medio do campo; con Manolo e Luis na punta de ataque. Na segunda parte entraron Dani por José, Javi por Luis, Bruno por Roberto e José Trebolo por Micho.
Citados os xogadores, imos pois co que sucedeu no terreo de xogo. Cando apenas se disputaran quince minutos de partido, o trencilla decideu suspender o partido por insultos que recibía na grada e decideu parar ata que a Garda Civil se acercase polo campo.O partido estaba a ser moi tranquilo e non existira ningún motivo polo cal tomar tal decisión. Ante a incredulidade de público e xogadores, o encontro estivo parado durante máis de media hora ata que finalmente se reanudou.
O parón sentou mal ó Santiso xa que antes del, dominaba claramente o partido e xa dispuxera dunha ocasión multiple con Luis primeiro e Micho despois como protagonistas. Tras o reinicio, nunha xogada sen aparente perigo, o árbitro sinalou falta a favor do equipo visitante e posteriormente o balón internouse nas redes da porta local antes de que o Prevediños sacase a infracción. Pois ben, para a sorpresa de todo o mundo, sinalouse gol visitante debido a unha suposta "lei da ventaxa" que incredulos, os xogadores locais tiveron que aceptar.
Uns minutos máis tarde, continuou o particular "show" do colexiado pitando penalti a favor do equipo local por man inexistente do Prevediños dentro da área. Luis foi o encargado de conseguir o empate para o Santiso.
Posteriormente na segunda parte, veuse un partido algo máis "tranquilo" por parte do trencilla; inda que os continuos paróns por fóras de banda e faltas inexistentes desquiciaron a máis de un. Todo isto provocou que o partido se volvese un pouco tolo e tras ocasións claras para o Santiso (gol de Javi mal anulado incluido), chegou o turno para o Prevediños que tivo dúas clarísimas que Charly sacou de forma extraordinaria.
Finalmente, o Santiso conseguiu o gol da victoria por parte de Manolo que levou o delirio ás gradas que ateigaban unha vez máis o Novo Zahorra.
Posteriormente e xa co partido prácticamente finalizado, o colexiado foi de novo protagonista expulsando a dous xogadores visitantes.
En definitiva, tres puntiños moi sufridos que esperemos sirvan de ánimo para o equipo que xogará o próximo encontro frente ó Berres en terras pontevedresas.
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. wuen porfin chegou a vitoria tard ou cedo tña k chegar,iva send oras!!!!!!poideron ser moits + goles pero wuen...o important foi a vitoria.moi ben dani moi bo resumo do partido.jej aver se ganams en berres anke vai ser 1partido alg complicado.pero wuen se imos con ganas todo e posble.ai k animar a xent k veña animar o ekipo e tamen k faga algun comentario no pagina do santiso pa k sto non morra!!!!jej 1 saudOO e aupAAA santisOOOOOOOOOOOOOOOOO

    ResponderEliminar
  2. o árbitro sí que sabe, e inda ten moral suficiente para decir lamentándose: vós querédesme retirar do fútbol!!! podíalle facer un favor a todo o mundo deixando de arbitrar. vaia fenómeno....

    ResponderEliminar