jueves, octubre 07, 2010

Segunda derrota

Segue o Santiso coa mala xeira de resultados, esta vez caeu en Cruces por tres goles a cero co que encadea duas derrotas consecutivas.
O equipo formou con Dani en porteria, Roberto, Agustin, José e Kike en defensa, Fran, Juan Alberto, Michel, Micho e Alex no medio do campo e Manolo arriba.
O partido estivo claramente marcado pola xusta expulsión que sufreu Dani nun balón dividido no que o dianteiro local chegou antes que o porteiro nunha xogada que se produceu cando estaba a punto de rematar a primeira parte. Inda que o resultado xa reflexaba un dous a cero no marcador, quedaba toda a segunda parte para que o equipo conseguise a remontada. Motivo polo cal pido disculpas publicamente ó equipo.
José tivo que poñerse na portería e a segunda parte foi máis igualada e incluso o Santiso puido marcar algún gol, sin embargo, acabouse notando a superioridade numérica e nunha contra o Cruces conseguiu o terceiro. Nesta segunda metade entraron no equipo Jose, Luis, Bruno e José Trebolo por Michel, Manolo, Roberto e Alex para darlle mais frescura o equipo pero o final o resultado non puido dar a volta.
Agardemos que este proximo domingo se produza a primeira victoria do equipo fronte o Bandeira no Novo Zahorra.
Un saúdo e forza Santiso!!

1 comentario:

  1. wueno ste dmingo toca estrearse co bandeira,dgo eu?jej spero k o ekipo poida gnar e anotar a pimeira vitoria.hai que ir con ANSIAAA o partido e dalo todo,jej tmen spero k a afcción sté aí kma todos os partidos e animar kma sempr!!!!! 1 saudo e FORZAAAAA SANTISOOOOOOOO!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar